Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología - Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades
Entidade financiadora: Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) – Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
Duración: 1 ano (2025–2026).
Equipo investigador: CIM–Universidade de Vigo, sendo Andreu Blanco o Investigador Principal (IP), xunto co IIM-CSIC, CETMAR, Fundamar, a Autoridade Portuaria de Vigo e outras organizacións comprometidas coa educación mariña e a sustentabilidade


NEREIDA é unha iniciativa coordinada pola Universidade de Vigo a través do Centro de Investigación Mariña (CIM) para promover a alfabetización oceánica e o coñecemento dos ecosistemas acuáticos nos centros educativos de toda Galicia. O proxecto integra a ciencia mariña na educación mediante experiencias de aprendizaxe prácticas, colaborativas e inclusivas, apoiando o desenvolvemento da Rede Galega de Escolas Azuis e a obtención da certificación internacional Blue School.

O proxecto Innovación e colaboración no ensino azul: impulso á Rede Galega de Escolas Azuis – NEREIDA: con-ciencia azul nos centros educativos está financiado pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) – Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.

A través de actividades educativas e recursos innovadores, o proxecto ten como obxectivo reforzar o coñecemento sobre o medio acuático e a súa relevancia para a sociedade, fomentando na comunidade educativa unha maior conciencia sobre a conservación e o uso sostible dos océanos e das augas continentais.

Para iso, propóñense os seguintes obxectivos específicos:

  • Achegar a ciencia mariña ao alumnado de educación infantil, primaria, secundaria e educación especial.
  • Promover o coñecemento dos ecosistemas acuáticos e dos servizos ecosistémicos que proporcionan.
  • Impulsar metodoloxías innovadoras de aprendizaxe baseadas en proxectos.
  • Fortalecer a Rede Galega de Escolas Azuis e a certificación Blue School.
  • Fomentar as vocacións científicas e a participación activa na protección do medio ambiente.

O proxecto promove un enfoque activo e participativo no que cada centro educativo deseña e desenvolve o seu propio Proxecto Científico Azul, co apoio do equipo NEREIDA, unha rede multidisciplinar integrada por institucións científicas, educativas, sociais e do sector marítimo, entre elas a Universidade de Vigo, IIM-CSIC, CETMAR, FUNDAMAR, Autoridad Portuaria de Vigo, 13 Grados, Northwind e Arenaria.

Estes proxectos permitirán aos centros participantes obter a certificación internacional Blue School e, ao mesmo tempo, ofrecerán ao alumnado a oportunidade de explorar a importancia ecolóxica, social, económica e climática dos ecosistemas acuáticos, fomentando o seu papel como axentes de cambio nas súas comunidades.