MPA4Change

Interreg-Mediterranean
Axencia financiadora: Interreg Med program
Periodo: Xaneiro 2024- Dicembro 2025 (24 meses)
Principal Investigador: Joaquim Garrabou (CSIC-Instituto de Ciencias del Mar)
Consorcio: 9 socios de proxecto de Croacia, Chipre, Francia, Italia, Malta, Portugal e España. Ademáis de 13 Institucións asociadas que contribuirán a implementación e defusión dos resultados.


O cambio climático está a ameazar seriamente os ecosistemas costeiros e os servizos que prestan ás nosas sociedades no Mar Mediterráneo. Como consecuencia, os ecosistemas mariños mediterráneos e os medios de vida humanos que dependen deles estanse vendo afectados.

MPA-4Change pretende potenciar o papel das Áreas Mariñas Protexidas (AMP) e a restauración como solucións baseadas na natureza para a adaptación ao cambio climático. O proxecto baséase no éxito de proxectos anteriores como MPA-Adapt, MPA-Engage e pretende desenvolver un plan de acción para as AMP mediterráneas que garanta a súa sustentabilidade e capacidade a longo prazo.

MPA4Change significa “Enhancing Marine Protected Areas as Nature Based Solutions for adaptation to climate change: from local actions to Mediterranean basin strategy“, e é un proxecto en rede financiado polo programa Interreg-MED da UE, e coordinado polo Dr. Joaquim Garrabou no Instituto de Ciencias do Mar (CSIC) de Barcelona. Este proxecto de capacitación e transferencia pretende mellorar as capacidades dos xestores de AMPs para unha xestión máis eficaz. Para iso, MPA4Change perfeccionará os kits de ferramentas desenvoltos no proxecto anterior para apoiar ás AMP na adaptación ao clima e levará a cabo sesións de formación dirixidas por expertos con experiencia na aplicación destes kits de ferramentas.

O Future Oceans Lab achegará a súa experiencia en adaptación ao cambio climático en sistemas socio-ecolóxicos mariños, coordinará as tarefas de posta a punto do conxunto de ferramentas e sesións de formación, e dirixirá a tarefa de avaliación da pegada de carbono para garantir unha pegada de carbono baixa cando sexa posible. Ademais, FOL desempeñará un papel clave na maioría das actividades do proxecto.

Alessandro Beltrame

 

O obxectivo xeral do proxecto MPA4Change é mellorar a eficacia das Áreas Mariñas Protexidas (AMP) e a restauración como solución clave baseada na natureza para a adaptación ao cambio climático mediante o despregamento dun enfoque multinivel, desde as accións locais das AMP ata as estratexias mediterráneas, para garantir a súa sustentabilidade e capacidade a longo prazo. O proxecto elaborará un plan de acción para que as AMP mediterráneas garantan a súa sustentabilidade a longo prazo e a súa resistencia ao cambio climático.

Para iso MPA4Change traballará sobre 3 eixos principais:

1) promover e poñer a punto ferramentas consolidadas para a avaliación de riscos, o seguimento, a posta en común de datos, a restauración, a ciencia cidadá, os enfoques participativos e a definición de plans de acción para a adaptación, a comunicación,

2) apoiar o diálogo político e coordinar coa UE, o Mediterráneo e as estratexias globais de Xestión Integral das Zonas Costeiras Mariñas/PMS (por exemplo, FAO/GFCM, PNUMA/MPA, RAC/SPA, UpM), e

3) desenvolver unha Lista de expertos para facer plenamente operativa a aplicación de políticas e ferramentas que garantan a sustentabilidade a longo prazo e a capacidade de adaptación e mitigación do cambio climático.

Atopará máis información na páxina web de MPA4Change