Proxecto Clock
ERC Starting Grant 2015
Axencia de financiamento: European Research Council
Período: 6 anos (2016-2022)
Equipo de investigación: Elena Ojea (PI), Alba Aguión, Iratxe Rubio, Diego Salgueiro, e Xochitl E. Ilosvay (estudantes de doutoramento), Xiaozi Liu, Alex Tidd e Smit V. Caballero (investigadores postdoutorais).


Future Oceans Lab desenvolve actualmente o proxecto CLOCK (outubro de 2016 a outubro de 2022) financiado polo Consello Europeo de Investigación (ERC) cunha Starting Grant. CLOCK está dirixido pola doutora Elena Ojea na Universidade de Vigo e en colaboración co Basque Center for Climate Change (BC3, Bilbao).
A medida que os impactos do cambio climático son cada vez máis importantes para unha correcta xestión dos recursos e a sostenibilidade dos medios de subsistencia, este proxecto de investigación ten como obxectivo anticipar solucións fronte o cambio climático. Céntrase nos impactos espaciais nas pesqueiras de todo o mundo, que xa están vendo como a distribución dos stocks están cambiando, e explora as mellores opcións de adaptación para a natureza e a sociedade.
O obxectivo xeral é deseñar e desenvolver un marco de adaptación (figura 1) que integre a ciencia da xestión da pesca no contexto dos sistemas socioecolóxicos para garantir a sostibilidade a longo prazo dos recursos e medios de subsistencia .
Os obxectivos xerais deste proxecto de seis anos son:
– Identificar e comprender os novos retos que supón o cambio climático para a xestión actual da pesca sostible
– Desenvolver un novo enfoque de adaptación pesqueira nun marco socio-ecolóxico
– Proporcionar evidencias empíricas sobre posibles solucións para a adaptación da xestión pesqueira
– Axudar a introducir a adaptación pesqueira nas axendas políticas de adaptación a nivel rexional e internacional.
Os casos de estudo analizan as pesqueiras que operan a varias escalas, desde pesqueiras a pequena escala en Galicia, ata pesqueiras internacionais de atún no País Vasco, pasando polos stocks europeos explotados mediante cotas de pesca fixadas e áreas de conservación no Caribe. É necesario mirar diferentes sistemas que se rexen por un conxunto diferente de regras e institucións para obter un marco de adaptación global que poida ser operativo.
O enfoque CLOCK combina modelado e metodoloxías empíricas. O proxecto combina a modelización bioeconómica da pesca cunha aproximación empírica dos principais actores do sistema. Como se mostra na figura 2, CLOCK comeza analizando os sistemas de xestión da pesca para incorporar os impactos do cambio climático e derivar solucións de adaptación óptimas. Despois, estas solucións póñense a proba empíricamente e as leccións aprendidas incorpóranse á xestión pesqueira.
A motivación deste proxecto é o impacto que os ecosistemas mariños xa mostran debido ao cambio climático en todo o mundo. Estudos recentes apuntan a cambios relevantes como os ingresos da pesca, a afluencia de pescadores migrantes, o aumento dos custos por unidade de esforzo, custos de seguro máis altos e os cambios nos acordos pesqueiros internacionais. Estes impactos poden poñer en perigo as pesqueiras e os medios de vida dependentes delas.
Entre o conxunto de impactos que se esperan do cambio climático, CLOCK céntrase nos cambios espaciais debido ao cambio de distribución das especies . Un futuro con stocks desprazados debido aos cambios de abundancia e distribución de especies importantes para a pesca e a conservación pode comprometer as medidas actuais para unha xestión sostible, como as reservas mariñas ou os dereitos de propiedade, así como os acordos institucionais en curso. Neste contexto, xorden novas cuestións relativas á sostibilidade, acceso aos recursos e reparto equitativo. CLOCK abordará estas cuestións empregando un enfoque ascendente que proporcionará novas solucións á adaptación ao cambio climático nos sistemas mariños.
COMITÉ ASESOR
CLOCK está asesorado por un grupo de recoñecidos expertos internacionais.

Profesor de Economía ambiental e de recursos na Bren School of Environmental Science & Management, UC Santa Barbara.

Profesor de Bioloxía Mariña e Ciencias da Conservación na Bren School of Environmental Science & Management da UC Santa Bárbara e Director do Centro Nacional de Análise e Síntese Ecolóxica

Decano da Bren School of Environmental Science and Management (UCSB) e profesor de Ecoloxía Mariña UC Santa Barbara.

Profesor de Ikerbasque, ex director do Centro Vasco para o Cambio Climático (BC3) e profesor de Economía Ambiental e de Recursos, Universidade de Bath.

Prof. adxunto de gobernanza ambiental, Departamento de Xeografía, University College London (UCL)