Biodiversa+
Axencia Financiadora: Fundación Biodiversidad
Periodo: Marzo 2024- Febreiro 2027 (36meses)
Coordinador proxecto: Sylvaine Giakoumi (Stazione Zoologica Anton Dohrn, SZN)
Equipo Investigador: 8 institucións diferentes de Grecia, Italia, Paises Baixos, España, Israel e Croacia: University of the Aegean, Institut de Ciències del Mar -CSIC, Università di Pisa, Delft University of Technology, Universidade de Vigo, Israel Oceanographic and Limnological Research, e o Ruđer Bošković Institute


Os arrecifes rochosos concentran a biodiversidade mariña mediterránea. Ao mesmo tempo, estes ecosistemas ven moi afectados por múltiples actividades humanas e o cambio global. Estes cambios na biodiversidade afectan ao funcionamento dos ecosistemas e a súa conservación. Para avaliar as respostas dos ecosistemas ás perturbacións (incluídos os cambios globais), o cambio e a eficacia das medidas de xestión para asegurar a estrutura, función e provisión de servizos dos ecosistemas, os datos a longo prazo son esenciais.

O proxecto CAMBioMed desenvolverá un marco de seguimento adaptativo xunto coas partes interesadas, propoñendo un novo conxunto de ferramentas para o seguimento eficiente dos ecosistemas rochosos mediterráneos e permitindo aos responsables da toma de decisións responder a preguntas críticas sobre a conservación dos devanditos ecosistemas.

CAMBioMed son as siglas de “Coordinated and adaptive monitoring of biodiversity change across Mediterranean rocky ecosystems”, e é

Photo by Emma Cebrian

un proxecto en rede financiado por Biodiversa+ dentro da liña de investigación de Xeración e Xestión do Coñecemento e coordinado pola Dra. Sylvaine Giakoumi na Stazione Zoologica Anton Dohrn (SZN), en Italia. O Future Oceans Lab contribuirá coa súa experiencia na adaptación ao cambio climático en sistemas socio-ecolóxicos, e participará concretamente no WP4 sobre Monitorización da biodiversidade e cambios nos ecosistemas cun enfoque participativo, liderando o mapeo das partes interesadas e a avaliación das percepcións das partes interesadas e a súa participación en actividades de ciencia cidadá.

O obxectivo xeral do proxecto CAMBioMed é mellorar a nosa comprensión da resposta dos ecosistemas mediterráneos a múltiples presións e ameazas, e por tanto, mellorar na efectividade da xestión.

Para contribuír a este obxectivo, CAMBioMed proponse:

  1. Mellorar e harmonizar os métodos e indicadores de vixilancia, aproveitando a longa experiencia dos socios en programas nacionais de seguimento e o uso de ferramentas innovadoras para a vixilancia de arrecifes rochosos en todo o mar Mediterráneo.
  2. Mellorar o coñecemento sobre a resposta dos ecosistemas mariños mediterráneos aos factores de estrés globais e locais, mediante a realización dun amplo traballo de campo e a integración dun volume sen precedentes de datos históricos e novos.
  3. Proporcionar unha folla de roteiro e directrices prácticas para a monitorización adaptativa, que incorpore as percepcións e valores sociais para contribuír á conservación efectiva dos ecosistemas de arrecifes rochosos no mar Mediterráneo, co fin de axudar e cumprir os obxectivos da Estratexia de Biodiversidade para 2030 e garantir o benestar humano.

 

Más información na páxina web do proxecto CAMBioMed