Proxecto ATAC

axudas para a consolidación e estructuración de unidades de investigación competitivas
Axencia financiadora: XUNTA de Galicia-Conselleria de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Periodo: 4 anos (2023-2026)
Equipo de Investigación: Elena Ojea (PI), Juan Bueno-Pardo (investigador postdoutoral), Xochitl E. Ilosvay (estudante de doutoramento), Haritz Ayarza (técnico de investigación), Julia Ameneiro (xestora de proxectos e comunicación).


Future Oceans Lab desenvolve actualmente o proxecto ATAC (outubro 2023-outubro 2026) financiado pola Xunta de Galicia. Este proxecto está liderado pola Dra. Elena Ojea na Universidade de Vigo e en colaboración con Erendira Aceves Bueno (Universidade de Washington) e Jorge G. Molinos(Universidade de Hokkaido, Xapón) coa participación do Prof. Naoki Kumagai(Instituto Nacional de Estudos Ambientais, Xapón) e Javier Tovar (INAPESCA, México).

Os medios de vida dependentes da pesca estanse vendo moi afectados polo cambio climático, especialmente a pesca artesanal, debido ao súa forte dependencia co medio mariño. Os impactos climáticos alteran a súa resiliencia socioecolóxica, provocando sobreexplotación de recursos e trampas de pobreza. A premisa desta proposta é que baixo futuros escenarios de cambio climático no mar, as actuais medidas de adaptación serán insuficientes e será necesario un cambio transformador nos medios de vida dependentes. Ata o momento, pouco sábese sobre os factores que facilitan ou non os procesos de adaptación e transformación nos sistemas de pesca artesanal e discútese sobre que é máis importante na acción de adaptarse, a percepción dos impactos ou as capacidades adaptativas.

O proxecto ATAC significa Adaptación e Transformación da Pesca Artesanal ao Cambio Climático. O obxectivo principal deste proxecto é avanzar na ciencia da adaptación na pesca artesanal para comprender os determinantes das respostas dos sistemas socioecológicos ao cambio climático.

Para iso, propoñemos unha serie de obxectivos:

1) Analizar tres casos de estudio con diferentes niveis de impacto;

2) Caracterizar as estruturas organizativas para a toma de decisións;

3) Estudar as percepcións e a capacidade de adaptación.

4) dilucidar que factores determinan a adaptación ou transformación do sistema.

Para abordar estes obxectivos, o proxecto baséase nos datos recollidos polo Future Oceans Lab durante o proxecto ERC-CLOCK en tres casos de estudio: Galicia, Nayarit (México) e Shikoku (Xapón) co fin de comparar por primeira vez os resultados entre casos de estudo e poder responder a estas preguntas transversais.

Como resultado, espérase avanzar na comprensión dos procesos de adaptación e transformación dos sistemas socioecológicos mariños e entender o papel das percepcións, capacidades e organización nas respostas ao cambio climático. O proxecto é un proceso participativo no que xa se traballa coas partes interesadas locais en estudos de casos, de modo que se partirá dunha base xa existente a partir da cal se pretende codiseñar os produtos que se devolvan ás comunidades.

A ambición é que o traballo contribúa á toma de decisións e á mellora das condicións de vida e á sostibilidade da actividade artesanal tanto nos casos de estudio como a nivel internacional.