Liñas de investigación

Cada vez hai máis evidencias de que a xestión actual dos recursos mariños pode non ser efectiva nun futuro polo cambio climático. Isto traducirase non só en importantes impactos ecolóxicos a escala local e global, senón tamén no incremento da vulnerabilidade dos medios de subsistencia e nas desigualdades. Cremos que estas ameazas representan un dos principais desafíos aos que se enfronta a humanidade na actualidade.

A nosa investigación busca solucións de adaptación en sistemas mariños que permitan unha xestión sostible a longo prazo, ademais de axudar a lograr un reparto equitativo dos recursos e un apoio aos medios de subsistencia . Aplicamos un gran conxunto de metodoloxías das ciencias sociais e naturais para comprender os impactos e a adaptación ao cambio climático nos sistemas mariños e traballar en solucións intelixentes para a sostibilidade dos océanos futuros.

O noso traballo céntrase en tres liñas principais de investigación:

SISTEMAS SOCIO-ECOLÓXICOS


Usamos o enfoque dos sistemas socio-ecolóxicos para comprender como reaccionan os sistemas ante o cambio climático. Desenvolvemos solucións de adaptación baseadas nas interconexións dos compoñentes ecolóxicos, sociais e institucionais do sistema.

Keywords: SES, SSF, pesca artesanal, pesca comercial, capacidade de adaptación, vulnerabilidade, resiliencia.

XESTIÓN ESPACIAL


Desenvolvendo solucións para a xestión dos recursos naturais baixo o cambio climático.

Keywords: dereitos de propiedade, equidade, redes AMP, sistemas TURF, modelado bioeconómico, cotas, coxestión.

CONVENIOS INSTITUCIONAIS


Analizando as consecuencias da
re-distribución de especies nos acordos pesqueiros institucionais.

Keywords: ZEE, stocks transfronteirizos, cooperación, xestión espacial, análise das partes interesadas (stakeholders)

As nosas publicacións

ARTIGOS DE REVISTAS

INFORMES E CAPÍTULOS DE LIBROS