Future Oceans Around
Future Oceans Around (FOA) nace co obxectivo de espertar nos estudantes o interese polo coñecemento científico e os seus resultados. FOA acerca temas candentes sobre ciencia multidisciplinar empregados na xestión ambiental e na toma de decisións diaria a un grupo de estudantes. Cada tema trátase como un xogo dinámico onde os estudantes teñen que participar e aplicar os distintos conceptos á súa propia rexión e experiencia.
Future Oceans Around trata de diferentes retos que actualmente se debaten na ciencia, como os límites planetarios, os servizos dos ecosistemas ou a vulnerabilidade ao cambio climático. O grupo leva as ideas á aula para mostrar aos estudantes como científicos de todo o mundo afrontan problemas ambientais lcoais e globais. O obxectivo tamén é ilustrar as principais preocupacións da comunidade científica sobre a sostibilidade do noso planeta a diferentes escalas e poder ofrecer solucións locais a estas ameazas globais.
Organizáronse dúas edicións no IES Val Miñor, instituto próximo á nosa sede na Universidade de Vigo que abrazou este exitoso e fructífero programa de seminarios. Os eventos de FOA celebráronse mensualmente durante dous cursos académicos consecutivos. Se queres saber mais sobre as diferentes sesións, atoparás resultados, imaxes e experiencias nas novas da web do Future Oceans Lab.
FUTURE OCEANS AROUND
TEMAS DA PRIMEIRA EDICIÓN
- SISTEMAS SOCIAL-ECOLÓXICOS
- LÍMITES PLANETARIOS
- SERVIZOS DO ECOSISTEMA
- RESERVAS MARIÑAS
- ÍNDICE DE SAÚDE OCEÁNICA
- AVALIACIÓN DA VULNERABILIDADE
- CIENCIA CIDADÁ
- PERSPECTIVA DA RESILIENCIA
Equipo de investigación: Future Oceans Lab
Gran mapa do mundo para usar como taboleiro no xogo de "Cambio de existencias". Con esta actividade queremos que os nenos aprendan sobre a redistribución dos peixes no océano debido aos impactos do cambio climático - pdf