The news
Future Oceans Lab participa en BLUE ECONOMY Angola
O grupo contribuirá ao diagnóstico integral das cadeas de valor do sector pesqueiro en distintas áreas xeográficas de Angola
29/09/2026 -
Para ver máis novas, preme aquí
BLUE ECONOMY Angola: Iniciativa para unha Economía Azul sostible e estratéxica en Angola, é un proxecto orientado a promover a xestión responsable dos recursos mariños en Angola. O proxecto implementarase a través das Iniciativas do Equipo Europa con tres socios principais: a Axencia Española de cooperación (FIAP; como coordinadores), o Institiuto Camões para a cooperación (Portugal) e Expertise France (Francia). O proxecto conta coa participación activa do Instituto Pesqueiro de Angola, favorecendo o contacto directo co propio sector e a xeración de oportunidades para mulleres, mozas e comunidades vulnerables.
Future Oceans Lab do CIM-Universidade de Vigo traballará xunto coa Universidade Politécnica de Madrid no diagnóstico integral das cadeas de valor do sector pesqueiro artesanal en distintas comunidades pesqueiras angoleñas para avanzar cara á sustentabilidade, inclusión e resiliencia fronte ao cambio climático. Tamén colaborarán integrantes do grupo MEDEA-Iuris Crea de ECOBAS, que contribuirán á análise xurídica e regulatorio.
Isto é só o comezo. Iremos compartindo os próximos avances e aprendizaxes do proxecto.
Podes atopar máis información sobre BLUE ECONOMY Angola na páxina web da FIAP
CATEGORÍAS: Research
