The news
Evento de Difusión de Resultados do Proxecto ACID
Na fase final do proxecto, este encontro serviu como plataforma para presentar os principais avances acadados e debater sobre futuras liñas de traballo arredor da acidificación costeira e dos seus impactos biolóxicos e socioeconómicos.
O evento reuniu persoal investigador, asistencia técnica das confrarías de pescadores, biólogas e biólogos de zona, e representantes da Consellería do Mar, co obxectivo de compartir os principais resultados sobre a acidificación costeira e os seus impactos socioeconómicos nas Rías Baixas.
FOL contribuíu ao programa do evento presentando os resultados máis recentes relacionados cos Obxectivos 3 e 4 do proxecto: a avaliación do risco da acidificación costeira para o sector marisqueiro galego, a incorporación da perspectiva de xénero nesta análise e a identificación de vulnerabilidades nas confrarías de pescadores e nas distintas modalidades de marisqueo das rías de Muros-Noia e Vigo.
Ademais, compartimos as accións desenvolvidas durante este ano para facilitar a transferencia destes resultados aos axentes socioeconómicos, á comunidade investigadora e á sociedade civil.

Se queres saber máis sobre o proxecto ACID e a súa investigación sobre a acidificación costeira e os seus impactos, visita a súa páxina web:
CATEGORÍAS: Collaboration Projects, Research
