The news

Margot Carrouée e María Fernanda Acevedo participaron na Local Conference of Youth (LCOY) España 2026

A conferencia reuniu mozas e mozos residentes en diferentes territorios de España para intercambiar perspectivas sobre os desafíos climáticos que afectan ás súas comunidades e desenvolver propostas conxuntas para unha transición climática máis xusta e efectiva

03/07/2026 -

Ao longo das tres xornadas do evento da LCOY España, participaron en sesións formativas sobre migracións climáticas, ecofeminismo interseccional e biodiversidade, ao tempo que contribuíron a debates sobre adaptación, mitigación, océanos, saúde, transición xusta, financiamento climático, desenvolvemento rural e xustiza ecosocial.

     

O encontro rematou cunha simulación da COP, na que as persoas participantes representaron distintos países e negociaron obxectivos de mitigación e compromisos de financiamento climático, adquirindo unha visión de primeira man sobre a complexidade das negociacións climáticas internacionais.

     

Un dos resultados máis destacados da conferencia foi a elaboración do National Youth Statement de España. Máis ca un conxunto de recomendacións, este documento reflicte as prioridades e a visión compartida da mocidade residente en España para afrontar a crise climática mediante unha acción democrática, xusta e inclusiva.

O documento será enviado a YOUNGO, a representación oficial da mocidade ante a Convención Marco das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático (CMNUCC), onde contribuirá á construción dunha posición global da xuventude que axudará a amplificar as voces das novas xeracións durante a COP31, que se celebrará en novembro en Antalya, Turquía.

En Future Oceans Lab sentimos un enorme orgullo por apoiar iniciativas que empoderan a mocidade para participar na gobernanza climática, fortalecer a cooperación internacional e contribuír de maneira significativa á construción dun futuro máis sostible e equitativo 💙

Para ver máis novas, preme aquí
CATEGORÍAS: Research