The news
RRSS CidadaniaCoop Mariscando conCiencias para o Futuro
“Mariscando conCiencias para o futuro” é unha iniciativa colaborativa que nace cun obxectivo claro: construír un futuro sostible para a nosa costa conectando a quen mellor a coñece. Este proxecto une a ciencia mariña, a sabedoría ancestral das nosas mariscadoras e o poder creativo das artes.
As nosas raíces e visión
O proxecto dá continuidade ao camiño emprendido por Mariscadoras ConCiencia (ANMUPESCA), cuxo fin era fortalecer a transferencia de coñecemento entre as traballadoras do mar e o persoal investigador. Agora, damos un paso máis aló integrando unha nova disciplina: as artes. A través do colectivo Artelixo e a danza contemporánea, creamos un espazo onde o dato técnico atópase coa expresión humana.

Coidadoras do territorio
Ao longo deste ano e o vindeiro, realizaremos un percorrido polo pasado, presente e futuro da pesca artesanal na Enseada de San Simón. Queremos visibilizar a figura dos homes e mulleres do mar como verdadeiras coidadoras do territorio. Aprender das experiencias do pasado é fundamental para entender os retos actuais e construír, de forma activa, un futuro máis resiliente.

Comunidade en acción: O Porto de Cesantes
Unha parte esencial deste camiño é involucrar ás novas xeracións. Recentemente, vivimos unha xornada fantástica no Porto de Cesantes co alumnado do CEIP Reboreda. A través dun obradoiro de “Mariscadora por un día” e unha recollida de lixo colectiva, os nenos e nenas coñeceron de preto a realidade da costa e a importancia da conciencia ambiental. Foi unha oportunidade incrible para ver como o saber tradicional inspira aos máis novos.

Este proxecto é un esforzo conxunto entre AMARTURMAR, Artelixo, Future Oceans Lab, Concello de Redondela e Cidadania S. Coop. Galega, co apoio da Fundación Daniel y Nina Carasso.

CATEGORÍAS: Research
