The news

Future Oceans Lab no ICCB 2025

Juan Bueno Pardo presenta avances sobre risco climático e biodiversidade mariña

16/06/2025 -

Esta semana, o noso compañeiro Juan Bueno Pardo está representando a Future Oceans Lab no International Congress for Conservation Biology (ICCB), que se celebra na University of Queensland en Brisbane/Meanjin, Australia. O ICCB é o principal foro mundial de profesionais da conservación, con máis de 1.500 asistentes internacionais. 

Juan participa coas seguintes achegas: 

🔹 Unha presentación en formato póster titulada:
“Estimating the cumulative risk of marine biodiversity loss”
Este traballo, do proxecto ACTNOW, propón unha metodoloxía rápida e universal para estimar o risco acumulado que sofre a biodiversidade mariña baixo diversos estresores (quecemento, especies invasoras, sobrepesca…) e escenarios futuros. A ferramenta está pensada para axudar a responsables de xestión mariña. 

🔹 Unha presentación oral titulada:
“Nature-based solutions are effective to lower the climate risk of marine species across Europe”
No marco do proxecto FutureMARES, esta investigación analiza como solucións baseadas na natureza poden reducir o risco climático de especies mariñas, especialmente en escenarios con maiores impactos ambientais. 

É un orgullo ver o traballo de Juan no escenario internacional.

Para ver máis novas, preme aquí
CATEGORÍAS: Research