The news
FOL vai á Conferencia de Ciencias Oceánicas en Xuño!
A One Ocean Science Conference 2025 (OOS2025), que terá lugar do 3 ao 6 de xuño en Niza (Francia), aliñase coa Década dos Océanos para o Desenvolvemento Sostible da ONU, que ten como obxectivo apoiar de forma informada a toma de decisións para un futuro sostible dos nosos océanos. O congreso busca impulsar accións e solucións a través de dez temáticas especificas, que inclúen o cambio climático, a sobrepesca, a contaminación e os conflitos de uso, para implementar o obxectivo de desenvolvemento sostible (ODS) 14, o menos financiado de todos os ODSs.
Elena Ojea realizará unha presentación oral titulada “Predisposición dos consumidores a adaptarse aos impactos do cambio climático nos sistemas de produtos do mar”, onde explorará os retos e as oportunidades para fomentar a adaptación nas cadeas de valor dos produtos do mar.
Xochitl Elias presentará a súa investigación “A adaptación e resiliencia das pesqueiras a pequena escala ao cambio climático implica cambios institucionais”, un compoñente clave da súa tese doutoral, centrándose no papel da gobernanza para apoiar a adaptación das pesqueiras.
Andreu Blanco presentará un póster titulado “Un solapamento de mapas de usos compatibles e conflitivos do espazo marítimo no Parque Nacional Illas Atlánticas de Galicia” no marco do seu proxecto posdoutoral ‘fuN&Co’, destacando enfoques espaciais innovadores para a xestión mariña.
Silvia Rayo tamén presentará un póster co seu traballo dentro do proxecto MPA4Change: “Co-creación e transferencia dunha ferramenta de avaliación da vulnerabilidade ao cambio climático para xestores de áreas mariñas protexidas: evidencias do Mar Mediterráneo”, poñendo énfase en solucións colaborativas para a xestión de áreas mariñas protexidas.
¡Pronto compartiremos máis información sobre os lugares e horarios das presentacións!

CATEGORÍAS: Conferences
