The news

Interesado en buscar un futuro sostible para o océano? Únete coma estudante de doutoramento para traballar na adaptación dos sistemas mariños ao cambio climático

FOL BUSCA UN ESTUDANTE DE DOUTORAMENTO COMPETITIVO PARA DESENVOLVER UN DOUTORADO EN INVESTIGACIÓN PESQUEIRA e CAMBIO CLIMÁTICO, CON ESPECIAL ATENCIÓN Á ADAPTACIÓN DOS SISTEMAS SOCIOECOLÓXICOS MARIÑOS

16/01/2025 -

O Future Oceans Lab ofrece un poto de estudante de doutoramento con motivación e experiencia en xestión de ecosistemas mariños. A convocatoria está AGORA ABERTA ata o próximo 22 de Xaneiro ás 23:59h CET. Podedes acceder a solicitude dende este enlace, no portal de emprego da universidade de Vigo, indicando o número de oferta como;  0125-143251. Ademáis, este PDF contén a descrición xeral do perfil que buscamos.

A/o estudante seleccionada/o se matriculará no programa de doutoramento Do Mar do Campus do Mar e será supervisado pola Dra. Elena Ojea (Universidade de Vigo), comezando en febreiro-marzo de 2025. A investigación multidisciplinar aplicada que levará a cabo estará relacionada coa adaptación ao cambio climático na pesca artesanal, combinando ciencias naturais e sociais, incluíndo compoñentes ecolóxicos, sociais e económicos. Ademais, terá un forte enfoque aplicado nas comunidades humanas dependentes das costas afectadas polos cambios na composición das especies mariñas.

As/os candidatas/os interesadas/os en realizar un doutoramento no tema, e con habilidades técnicas, comunicativas, e de traballo en equipo podedes enviar a vosa solicitude neste enlace, no que podedes enviar a documentación requirida (CV, carta de presentación xunto co resto de materiais seguindo as indicacións deste PDF). O posto cubrirá un ano para iniciar o proxecto de doutoramento, prorrogable a dous, e esperamos que a /o doutorando traballe nunha proposta que será presentada a bolsas competitivas para asegurar un financiamento continuo ao longo de todo o doutoramento.

Se tes calquera problema ou dúbida non dubides en poñerche en contacto con futureoceanslab@uvigo.gal canto antes indicando no asunto «PhD student-ATAC project application». Estaremos encantados de ler as vosas solicitudes.

Moita sorte

Para ver máis novas, preme aquí
CATEGORÍAS: Research