The news

Buscando a mellor forma de comunicación entre científicas e mariscadoras

Achegámonos ao proxecto Mariscadoras Conciencia con visitas e obradoiros para entender a crítica situación do sector

10/12/2024 -

O marisqueo nas rías baixas galegas supón una importante actividade económica, que sostén un tecido social e cultural con décadas de tradición. Ademáis é un modelo de referencia internacional de xestión pesqueira no que moitas mariscadoras están asociadas e participan dalguna maneira na xestión, que vai alén da extracción, e inclúe labores de sembra, vixianza e cuidados do entorno natural dos bancos marisqueiros.

O proxecto Mariscadoras Conciencia, financiado polo Galp Ría de Vigo-A Guarda e no que participa a Asociación nacional de mulleres na pesca (ANMUPESCA) e a cooperativa Cidadanía,  ten de obxectivo establecer un diálogo entre o mundo da ciencia e do marisqueo a pé, para intercambiar coñecemento e favorecer a sostibilidade da actividade profesional e da contorna. As investigadoreas de FOL Silvia Rayo e Xochitl Elías, xunto ao investigador Haritz Ayarza e Elena Ojea, participaron en distintas saídas de campo nas confradías de Redondela, Vilaboa e Arcade este outono. Nestas visitas puidemos escoitar a preocupación do sector, que ven observando un empeoramento do recurso nestes últimos 5 anos, nos que disminuíron as capturas de forma drástica na ensenada de San Simón. En varios foros e talleres, tanto en Arcade coma na ECIMAT, tivemos a oportunidade de discutir coas mariscadoras e outras investigadoras do CIM (UVIGO) as posibles causas do declive, e os proxectos que xa están financiados para afondar nestos impactos ecolóxicos e ambientais e mellorar a situación do recurso.  

A búsqueda de solucións para o que o sector poida afrontar esta fonda crise é clave. Identificouse a necesidade de establecer canles de comunicación entre ciencia e mariscadoras, para dar continuidade ao proxecto. Ademais se identificou a oportunidade de realizar una síntese de evidencia científica sobre o recurso marisqueiro, as prácticas de xestión e os aspectos sociaies, que poderá traducirse a un proxecto futuro. Neste senso, a nosa experiencia en Future Oceans Lab cos aspectos sociais dos sistemas socio-ecolóxicos pesqueiros pode ser de utilidade para estudar as mellores opcións de resposta a crises similares noutras localidades e trasladalas ao sector galego. Esta dimensión social é de suma importancia para as mariscadoras, que afrontan na actualidade a falta de axudas aos paróns, posibilidades de diversificación de ingresos e futuro dos permisos marisqueiros. 

 

Para ver máis novas, preme aquí
CATEGORÍAS: Research