The news

Convocatoria de posto temporal

FOL lanzará unha convocatoria para un xestor de proxectos que cubra unha baixa por maternidade

20/11/2024 -

O Future Oceans Lab, do Centro de Investigación Mariña (CIM) da Universidade de Vigo (España) lanza unha convocatoria para un xestor de proxectos para cubrir unha baixa por maternidade. O candidato seleccionado levará a cabo as tarefas económicas e administrativas dos proxectos de investigación de FOL no eido da xestión dos ecosistemas mariños e a adaptación climática. A convocatoria oficial xa está publicada nesta ligazón. Animámosche encarecidamente a que envíes a túa solicitude antes do 12 de Decembro, cando pecharemos o proceso. Atoparás a descrición do posto na ligazón oficial e máis información neste PDF.

O candidato seleccionado unirase a un equipo de investigación multidisciplinar que combina ciencias naturais e sociais, e encargarase da xestión de proxectos científicos de diferentes programas de financiamento (UE, nacionais e rexionais), e axudará aos investigadores apoiando as súas actividades e procedementos para cumprir os compromisos e comunicar os resultados. O posto implica a divulgación e difusión da investigación, así como o apoio e a coordinación do grupo.

Os candidatos interesados con grandes habilidades técnicas, lingüísticas e de traballo en equipo podedes xa mandar a vosa solicitude. Espérase que o candidato seleccionado comece en xaneiro de 2025 e o contrato será de 6 meses. Para elo prepara os documentos requiridos: unha carta de motivación e un breve CV seguindo as instrucións aquí.

Convídamos aos candidatos a preparar os documentos de solicitude. Contacta connosco en futureoceanslab@uvigo.gal se vos xorde algunha dúbida indicando no asunto «Temporary PM_position call application».

Estamos esperando as vosas cartas de interese. Moita sorte!

Para ver máis novas, preme aquí
CATEGORÍAS: Research