The news

Xuntos pola sostibilidade futura dos alimentos do mar en Galicia

Haritz Ayarza participa no  XXVI Foro de Recursos Mariños e Acuicultura das Rías Galegas

11/10/2024 -

O pasado mércores 9 de outubro de 2024, Haritz Ayarza Molinero, membro do Future Oceans Lab (FOL) do CIM da Universidade de Vigo, tivo un papel destacado no XXVI Foro de Recursos Mariños e Acuicultura das Rías Galegas (FOROACUI), celebrado no Grove.

Ayarza, como parte do Panel de Pesca Artesanal e Marisqueo, presentou as conclusións dun estudo realizado polo equipo FOL co seu relatorio, titulado «Análise do risco climático das artes de pesca tradicionais en Galicia». Esta investigación afonda en como o cambio climático está a afectar ás prácticas pesqueiras tradicionais na rexión, destacando os riscos e as posibles estratexias de adaptación.

FOROACUI, evento que se converteu nunha referencia clave para o sector pesqueiro e acuícola, reuniu a destacados expertos e profesionais para debater sobre os retos e oportunidades aos que se enfrontan os recursos mariños das Rías Galegas baixo a crecente presión climática. A participación de numerosos actores crave puxo de relevo a importancia de avanzar cara a unha xestión sostible da pesca e a acuicultura, fomentando a adaptación aos desafíos climáticos que impactan directamente nas comunidades costeiras e as súas prácticas tradicionais.

A través desta contribución, o Future Oceans Lab reafirma o seu compromiso coa investigación científica que fomenta solucións sostibles e resilientes para a xestión dos ecosistemas mariños en Galicia.

Para ver máis novas, preme aquí
CATEGORÍAS: Conferences, Haritz Ayarza