The news
Future Oceans Lab participa na Noite Europea dos Investigadores (G-Night)
Investigadores de FOL participaron na Noite Europea dos Investigadores, un evento anual que promove a importancia da ciencia e a investigación entre o público en xeral. A edición de 2024 celebrouse no edificio Redeiras da Universidade de Vigo.
Os investigadores Xochitl Elías e Andreu Blanco, en colaboración coa bailarina Paula Pombar Pérez, presentaron un espectáculo de danza contemporánea titulado «A conectividade que nos move». A través deste espectáculo, exploraron os mecanismos que sustentan a conectividade ecolóxica mariña e os retos que plantexan as actividades humanas. A coreografía traduciu conceptos científicos complexos nunha experiencia visual, mostrando a fraxilidade e resistencia dos ecosistemas mariños.
Ademais, os investigadores Andreu Blanco, Xochitl Elías e Silvia Rayo, xunto con with María Pérez, do Grupo de Oceanografía Biolóxica do CIM, dirixiron un dinámico taller titulado «E ti, que sabes dás Illas Atlánticas?». Utilizando a metodoloxía das imaxes enriquecidas (rich pictures), convidouse aos participantes a expresar as súas percepcións e ideas sobre a conservación do Parque Nacional das Illas Atlánticas a través de debuxos. O taller tamén incluíu un xogo interactivo de preguntas e respostas, que fomentou a colaboración e unha comprensión máis profunda da conservación do medio mariño.
Ambas as actividades brindaron ao equipo de FOL a oportunidade de divulgar a ciencia de forma creativa e pouco convencional, atraer ao público e coñecer as perspectivas da comunidade sobre a conservación mariña.
CATEGORÍAS: Dissemination, Outreach, Research, Team, Xochitl Édua Elías Ilosvay
