The news
Irini-Valanto-Papageorgiou- MPA4Change, ou como apoiamos ás Áreas Mariñas Protexidas para que se adapten ao cambio climático.
MPA4Change (Euro-MED0200736) desenvolverá un plan de acción conxunto para as Áreas Mariñas Protexidas (AMP) do Mediterráneo co fin de situalas en primeira liña da adaptación ao cambio climático. Financiado polo programa Interreg Euro-MED, o proxecto iniciouse en xaneiro de 2024 e, durante os próximos dous anos, capitalizará os resultados de proxectos anteriores para mellorar a sostibilidade a longo prazo e a capacidade das AMP mediante a integración da adaptación ao cambio climático nos seus plans de xestión.
As áreas mariñas protexidas contra o cambio climático
O cambio climático está a afectar negativamente aos ecosistemas mariños. No caso do Mar Mediterráneo que se está quentando entre tres e cinco veces máis rápido que a media mundial, estas alteracións acentúanse aínda máis e amplifican os efectos das ameazas existentes sobre a vida mariña. Con todo, as AMP poden ser a solución que axude a afrontar este cambio.
Por unha banda, a protección da biodiversidade que levan a cabo as AMP é fundamental para manter a resiliencia dos ecosistemas mariños. E canto maior sexa a resiliencia, máis fortes serán os ecosistemas para soportar o cambio e recuperarse cando se vexan afectados.
Doutra banda, a protección destes ecosistemas mariños garantirá que se manteñan no tempo os servizos que prestan e que serven de apoio á nosa sociedade, e mesmo fan fronte aos efectos negativos do cambio climático.
Transferencia de solucións que funcionan
O plan de acción de MPA4Change inclúe a transferencia de solucións listas para usar, incluídos protocolos, orientacións e formación especializada, co fin de proporcionar ás AMP as ferramentas necesarias para mellorar a súa xestión, avaliar os impactos do cambio climático e planificar as súas respostas fronte a el.
Ademais, mediante actos específicos e unha interacción constante, fomentaremos o diálogo político a escala mediterránea e europea co fin de conseguir o apoio político para a aplicación do plan de acción. Ademais, estableceremos unha lista de expertos para guiar este proceso ata 2030 e comprometer a outras AMP mediterráneas a adoptar estas solucións.
Por tanto, mediante o fomento de solucións baseadas na natureza, MPA4Change pretende contribuír significativamente á consecución dos obxectivos de conservación da natureza da UE na conca mediterránea, en Europa e en todo o mundo.
Unha asociación/consorcio de expertos comprometidos
O partenariado/consorcio de MPA4Change está composto por organizacións de nove países mediterráneos. Entre elas hai centros de investigación, universidades, autoridades de xestión de AMP, fundacións, ONG e consultorías privadas. Todos xuntos formamos un equipo cunha sólida experiencia en adaptación ao cambio climático, programas de ciencia cidadá, política e incidencia e comunicación, así como alumnos dispostos a incorporar os coñecementos e a experiencia dos máis experimentados.
Dentro deste equipo, o Future Oceans Lab do Centro de Investigación Mariña (CIM) da Universidade de Vigo (UVigo) contribúe significativamente aos esforzos de colaboración do proxecto MPA4Change. O noso equipo participou activamente en varias actividades crave dentro do proxecto.
Unha das nosas principais responsabilidades foi dirixir a Actividade 1.1, na que nos centramos en perfeccionar os paquetes de traballo existentes. Esta tarefa supuxo unha estreita colaboración con todos os socios do proxecto para solicitar opinións sobre a aplicación e eficacia de cada paquete de traballo. En concreto, somos responsables da Ferramenta de Avaliación da Vulnerabilidade, e as nosas contribucións inclúen o desenvolvemento de novas directrices de fácil uso e completas follas de recollida de datos. Estes recursos están deseñados para axudar aos xestores e investigadores de AMP a realizar avaliacións de vulnerabilidade máis eficaces nas súas AMPs. As novas directrices e ferramentas serán accesibles a través dun sitio web específico, onde os usuarios tamén atoparán vídeos explicativos, o que garantirá que a ferramenta estea amplamente dispoñible e sexa fácil de usar.
Ademais, estamos a participar activamente na actividade 3.5, que se centra en realizar unha avaliación da pegada de carbono de todo o proxecto. Para levar a cabo este traballo, estamos a utilizar as instrucións proporcionadas por InterregMed, en particular as desenvolvidas polo grupo de traballo ZeroCO2Med, que tamén nos proporcionou unha ferramenta en liña para a avaliación. Recompilamos os datos necesarios de todos os socios do proxecto e, cos resultados, pretendemos reducir progresivamente o noso impacto ambiental ao longo da duración do proxecto.
Únete a MPA4Change para loitar contra o cambio climático
Se está interesado en saber como poden contribuír as AMP a facer fronte ao cambio climático, animámoslle a que bote unha ollada á páxina web de MPA4change. Ademais, pode inscribirse na nosa lista de correo e recibir periodicamente actualizacións de proxectos, boletíns e exemplos sobre como as AMP poden mellorar a súa capacidade e adaptarse ao cambio climático.
Por último, se es unha AMP e estás interesado en formar parte activa do grupo de AMP que optarán a recibir formación en estratexias de adaptación ao cambio climático, non dubides en comunicarnos o teu interese e poñerche en contacto connosco a través do correo electrónico do proxecto: mpa4change@interreg-euro-med.eu.
CATEGORÍAS: Research
