The news

Novo artigo de FOL: un marco para estimar o risco de seguridade alimentaria inducido polo clima para a pesca a pequena escala

Os investigadores de FOL Juan Bueno-Pardo e Elena Ojea participan nunha nova publicación na revista Food Security.

01/08/2024 -

Recentemente publicouse unha investigación de FOL sobre un novo marco para estimar o risco inducido polo clima sobre a seguridade alimentaria na revista Food Security. Este traballo reuniu os esforzos de investigadores de España, EE.UU., Reino Unido, Sudáfrica e Tanzania e foi dirixido por Lara Paige Brodie quen realizou o seu traballo Fin de Master do IMBRSEA en FOL.

É a primeira vez que se elabora unha avaliación do risco para a seguridade alimentaria en zonas dependentes da pesca a pequena escala. A pesca a pequena escala é fundamental para o consumo de proteínas en moitas zonas do mundo. O cambio climático, con todo, está a expor moitos retos diferentes a estas comunidades ao modificar o medio ambiente e cambiar a dinámica das especies obxectivo, obrigándoas a desprazar as súas áreas de distribución. Estes cambios afectan de moitas maneiras ás sociedades que dependen delas, sendo a máis crítica a creación de inseguridade alimentaria. A nosa investigación permite identificar as zonas onde esta inseguridade é maior e, por tanto, desenvolver a política necesaria para mitigar ou anticipar situacións indesexables.

O novo traballo proporciona un novo marco teórico para estimar o risco de seguridade alimentaria nas zonas dependentes da pesca a pequena escala. Study region. The four study sites of Mafia, Pemba, Tanga and Unguja are highlighted in red.Centrándose en Tanzania, a análise avaliou catro casos de estudo nos que se realizaron investigacións sociais e ecolóxicas para estimar diferentes indicadores de inseguridade alimentaria. A análise comprendía datos de enquisas realizadas in situ e resultados de modelos ambientais.

Para ver máis novas, preme aquí
CATEGORÍAS: Elena Ojea, FutureMARES, Juan Bueno, Results, Smit V. Caballero