The news

FOL participa no IX Simposio Internacional de Ciencias do Mar, ISMS 2024, a cita máis importante para as ciencias mariñas en España

Investigadores do Future Oceans Lab presentan os seus traballos no ISMS24

17/07/2024 -

Dous membros do Future Oceans Lab do Centro de Investigación Mariña (CIM) da Universidade de Vigo, Haritz Ayarza e Andreu Blanco, participaron no IX Simposio Internacional de Ciencias do Mar (ISMS 2024), celebrado do 10 ao 12 de xullo de 2024. Este evento, organizado conxuntamente polas seis universidades españolas que imparten o Grao en Ciencias do Mar, é considerado a cita máis importante das ciencias mariñas en España e unha das máis relevantes a nivel europeo.

Ayarza e Blanco presentaron as súas investigacións en formato póster. Haritz presentou a investigación sobre a evalución de risco climático da pesca artesanal en Galicia coa comunicación titulada «Traditional European Fishing Techniques Face Different Climate Risk Levels: Galician Case» e  Andreu mostrou a importancia de coñecer os trofodinamismo das especies para poder desenvolver medidas deconservación para unha xestión sostible coa súa poster «Upwelling Drives Benthic Species Trophodynamics More Than Marine Protected Areas»

O ISMS 2024 reuniu a estudantes, investigadores e profesionais do campo das Ciencias Mariñas, ofrecendo unha plataforma ideal para a difusión dos últimos avances e resultados nas diferentes áreas de investigación mariña. O simposio permitiu aos asistentes participar en diversos relatorios e presentacións, fomentando o intercambio de coñecementos e a colaboración entre expertos.

A participación dos nosos investigadores neste evento demostra o compromiso do Future Oceans Lab coa investigación mariña e a súa contribución ao avance do coñecemento neste campo crucial para o futuro dos nosos océanos.

Para ver máis novas, preme aquí
CATEGORÍAS: Research