The news

FOL participa na IV Asemblea de Ciencias do Mar de Galicia

Haritz Ayarza presentou os últimos avances sobre a avaliación da vulnerabilidade climática da pesca artesanal galega

24/05/2024 -

A IV Asemblea Xeral do Programa de Ciencias do Mar de Galicia celebrouse o 22 de maio na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela onde máis de 170 investigadores de 14 institucións presentaron os avances do proxecto e os resultados e coñecementos xerados no seu marco.

O intenso encontro participativo estruturouse ao redor de tres bloques temáticos e cinco paneis: (1) coñecemento científico para a xestión sostible do medio mariño, a transformación social e a resiliencia nas zonas costeiras; (2) investigación e innovación para a xestión sostible e intelixente da pesca e a produción acuícola, e (3) a estratexia integrada de observación e monitorización mariña en Galicia.  O evento contou con 18 relatorios e 19 charlas breves a cargo de mozos investigadores das universidades de Vigo, Santiago e A Coruña, Meteogalicia, IEO-CSIC da Coruña e Vigo, IIM-CSIC, Intecmar, Cetmar e Cesga.

Por parte do grupo Future Oceans Lab da Universidade de Vigo, Haritz Ayarza Molinero presentou os avances do caso de estudo 3 sobre a vulnerabilidade da costa ao cambio climático e a análise do risco climático dos grupos pesqueiros en Galicia, dentro do paquete de traballo PT10.

A Asemblea serviu de plataforma para compartir os últimos achados científicos e fomentar o debate ao redor da protección do ecosistema mariño de Galicia e os seus servizos ecosistémicos.

Máis información sobre a xornada aquí.

 

Para ver máis novas, preme aquí
CATEGORÍAS: Research