The news

Photo by EUROPARC Federation.

Posta en marcha do MPA4Change para garantir a sostibilidade e a capacidade a longo prazo das AMP mediterráneas.

FOL ASISTIU Á REUNIÓN DE LANZAMENTO DO NOVO PROXECTO INTERREG-MED NO ICM-CSIC DE BARCELONA

23/01/2024 -

Os días 18 e 19 de xaneiro Juan Bueno-Pardo viaxou ao Institut de Ciències do Mar (CSIC) en Barcelona para asistir á Kick-Off-Meeting do proxecto “MPA4Change: “Enhancing Marine Protected Areas as Nature Based Solutions for adaptation to climate change: from local actions to Mediterranean basin strategy” financiado polo programa InterregEU- MED cun orzamento de case 1 M€.

O Mar Mediterráneo é unha das zonas máis gravemente afectadas polo cambio climático. Nesta rexión, as Áreas Mariñas Protexidas (AMP) representan os piares da estratexia de adaptación ao cambio climático. Por este motivo, MPA4Change pretende potenciar o papel das Áreas Mariñas Protexidas (AMP) e a súa restauración como solucións baseadas na natureza para a adaptación ao cambio climático. Sobre a base de proxectos anteriores e en consonancia cos obxectivos da Estratexia de Biodiversidade da UE, este proxecto de capacitación e transferencia dará lugar á elaboración dun Plan de Acción para as AMP do Mediterráneo que garanta a súa sustentabilidade e capacidade a longo prazo.

Para iso, MPA4Change transferirá conxuntos de ferramentas listas para usar, creará unha lista de expertos para apoiar a súa aplicación efectiva e a integración dos seus principios en políticas públicas eficaces a escala mediterránea e da UE. Unindo forzas con actores crave da UE e rexionais, MPA4Change pretende situar ás AMP en primeira liña da adaptación ao cambio climático.

O proxecto MPA4Change está liderado polo Institut de Ciències do Mar do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e conta cun sólido partenariado, formado por organizacións e persoas que colaboraron fructíferamente no pasado para alcanzar un obxectivo común. Estas son as organizacións que conforman MPA4Change: Consorcio de Xestión da área Mariña Protexida de Portofino, Italia; Institución Pública Parque Nacional de Brijuni, Croacia; Universidade de Vigo, España; Fundación DAN Europe, Malta; Federación de Parques Naturais e Nacionais de Europa (Federación EUROPARC), Alemaña; Universidade do Algarve, Portugal; AP Marine Environmental Consultancy Ltd, Chipre.

O equipo FOL do CIM-Universidade de Vigo coordinará as tarefas de posta a punto do conxunto de ferramentas e sesións de formación, e dirixirá a tarefa de avaliación da pegada de carbono para garantir unha pegada de carbono baixa cando sexa posible. Por outra banda, FOL terá un papel crave na maioría das actividades dentro do proxecto colaborando nas accións de difusión dirixidas ás partes interesadas en todo o Mediterráneo grazas a un mapeo das partes interesadas e os tomadores potenciais, aproveitando os mapeos e bases de datos de proxectos anteriores e as redes existentes dos socios do proxecto.

Desde FOL, queremos dar as grazas a Joaquim Garrabou e ao seu equipo pola excelente organización e a todos os colegas por un gran intercambio de ideas e futuras oportunidades de colaboración.

 

Para ver máis novas, preme aquí
CATEGORÍAS: Research