The news

Como afecta a acidificación oceánica ao medio mariño? Únete a nos como estudante de doutoramente e avaliaremos os riscos ecolóxicos e sociais debido a ela. Estade atentos que a convocatoria da Uvigo sairá pronto
GRUPO DE OCEANOGRAFÍA BIOLÓXICA (GOB) E O FUTURE OCEANS LAB (FOL) DO CENTRO DE INVESTIGACIÓN MARIÑA (CIM) DA UNIVERSIDADE DE VIGO (ESPAÑA) LANZARÁN UNHA CONVOCATORIA PARA UNHA PRAZA CONXUNTA DE ESTUDANTE DE DOUTORAMENTO
29/09/2023 -
Para ver máis novas, preme aquí
O Grupo de Oceanografía Biolóxica (GOB) do Centro de Investigación Mariña (CIM) da Universidade de Vigo lanzará unha praza de estudante de doutoramento conxunta con Future Oceans Lab (FOL) en breve. Por mor do axustado fin de prazo da próxima convocatoria, gustaríanos contarlle os posibles estudantes interesados a descripción xeral da investigación e os documentos necesarios para que poidan ir preparándoos con tempo suficiente e evitar calquer problema técnico. Atopa a descripcion da oferta neste PDF.
O candidato seleccionado matricularase no programa de doutoramento Do Mar do Campus do Mar e será co-supervisado polas Dras. Cristina Sobrino e Elena Ojea (Universidade de Vigo), comezando no outono de 2023. A investigación versará sobre os riscos ecolóxicos e sociais no medio mariño pola acidificación oceánica, e será altamente multidisciplinar, con compoñentes ecolóxicos, e sociais.
Os candidatos interesados en realizar un doutoramento no tema, e con grandes habilidades técnicas, lingüísticas, e de traballo en equipo deben estar atentos xa que a convocatoria sairá pronto, mentras tanto, podedes ir preparando os documentos necesarios (CV, carta de interés e resto de materiais siguindo as indicacións deste PDF.
En canto abra a convocatoria, se tes calquier problema ou dúbida, escribe a futureoceanslab@uvigo.es o antes posible indicando no asunto “”ACID project Predoc researcher application”.
Sorte!
CATEGORÍAS: Research