The news

Afondando no coñecemento da pesqueira do ourizo de mar para lograr a súa sostibilidade a longo prazo
FOL comezou a traballar con MareiraBizi, CIMA, Confrarías de Baiona e Lira e a Federación galega de confrarías de pescadores no proxecto SOST-Erizo, que versa sobre «Índice sostible para a pesqueira do ourizo de mar» financiado polo programa REDEMAR da Xunta de Galicia a través dun acordo de colaboración entre a Universidade de Vigo e a Xunta de Galicia. O obxectivo principal de SOST-Erizo é promover a sostibilidade a longo prazo do recurso proporcionando un índice de sostibilidade baseado en catro dimensións (ecolóxica, económica, social e de gobernanza).
O equipo FOL liderado por Elena Ojea como parte deste consorcio está a participar activamente no proxecto, e neste momento, estamos a centrar os nosos esforzos no desenvolvemento do índice de sostibilidade, e a súa operacionalización para desenvolver unha ferramenta útil e manexable que apoie aos pescadores para mellorar a xestión interna, e o control da pesqueira á vez que sensibiliza sobre a sostibilidade no sector.
Queremos dar as grazas á Xunta de Galicia e a todo o consorcio por esta oportunidade e desexar unha investigación exitosa.
CATEGORÍAS: Research