The news

Interesado en realizar un doutoramento sobre os riscos socioecolóxicos mariños da acidificación dos océanos? Envíanos a túa carta de interese e permanece atento

O Grupo de Oceanografía Biolóxica (GOB) e o Future Oceans Lab (FOL) do Centro de Investigación Mariña (CIM) da Universidade de Vigo (España) lanzarán unha convocatoria para unha praza conxunta de estudante de doutoramento en setembro de 2023.

09/08/2023 -
O Grupo de Oceanografía Biolóxica (GOB) do Centro de Investigación Mariña (CIM) da Universidade de Vigo lanzará unha praza de estudante de doutoramento conxunta con Future Oceans Lab (FOL) o próximo mes de setembro.
Nestes momentos, estamos a aceptar mostras de interese de futuros estudantes, que poden compartir unha carta de motivación e un CV seguindo as indicacións deste PDF. O candidato seleccionado matricularase no programa de doutoramento Do Mar do Campus do Mar e será co-supervisado polas Dras. Cristina Sobrino e Elena Ojea (Universidade de Vigo), comezando no outono de 2023. A investigación versará sobre os riscos socio-ecolóxicos mariños da acidificación oceánica, e será altamente multidisciplinar, con compoñentes ecolóxicos, e sociais.
Os candidatos interesados en realizar un doutoramento no tema, e con grandes habilidades técnicas, lingüísticas, e de traballo en equipo poden enviar as súas cartas de interese co resto de materiais seguindo as indicacións neste PDF, a futureoceanslab@uvigo.es ata o 10 de setembro de 2023 ás 20:00h (CET).
Esperamos ler as vosas cartas de intención!
Para ver máis novas, preme aquí
CATEGORÍAS: Research