The news

Visítanos a experta en pesca artesanal, Eréndira Aceves-Bueno

A VISITA Permitirá ESTABLECER UNHA FUTURA COLABORACIÓN CIENTÍFICA sobre a XESTIÓN sostible e equitativa DOS RECURSOS MARIÑOS

29/06/2023 -

A Dra. Eréndira Aceves-Bueno, profesora asociada da Escola de Asuntos Mariños e Ambientais da Universidade de Washington únese a FOL durante unha visita de catro semanas. Durante a súa estadia, desenvolveremos unha axenda de colaboración para proxectos en curso e futuros sobre adaptación climática e a xestión sostible e equitativa dos recursos mariños.

Estamos encantados de convidar a Erendira no noso grupo e compartir con ela as nosas investigacións, especialmente a que a nosa estudante de doutoramento, Xochitl Elías está a desenvolver sobre adaptación climática en comunidades pesqueiras artesanais de Nayarit (México), na que Erendira colabora co seu grupo. O seu traballo é interdisciplinario, e desenvolve enfoques de vangarda dende diversas disciplinas, incluíndo a ecoloxía e a economía. Pretende avaliar o impacto que diversos acordos institucionais teñen sobre os sistemas socio-ecolóxicos no contexto do cambio climático, combinando simulacións teóricas con metodoloxías empíricas. Eréndira está moi interesada nas pesqueiras galegas e o sistema de TURFs, polo que planeamos visitar a zona costeira e as confrarías de pescadores durante as súas semanas connosco no laboratorio.

Durante a súa estancia de catro semanas, nós e a Dra. Aceves-Bo investigaremos sobre a xestión dos recursos mariños para facer fronte aos impactos esperados do cambio climático.  Tamén impartirá un seminario en Campus do Mar sobre as redes sociais e ecolóxicas e a resiliencia da xestión espacial da pesca baseada en dereitos.  A súa experiencia investigadora permitirá ao equipo mellorar os seus coñecementos e desenvolver con ela novas ferramentas e novas colaboracións.

Damos a benvida ao laboratorio a Eréndira Aceves-Bueno!

Para ver máis novas, preme aquí
CATEGORÍAS: Collaborations, Seminars