The news

Traballando xuntos en ciencia e innovación mariña para a protección e conservación sostible dos servizos dos ecosistemas mariños galegos

INVESTIGADORES DE DIFERENTES INSTITUCIÓNS REÚNENSE EN SANTIAGO DE COMPOSTELA DENTRO DO PROGRAMA DE CIENCIAS MARIÑAS de GALICIA

04/05/2023 -

Onte celebrouse en Santiago de Compostela a II Asemblea Xeral do Programa de Ciencias Mariñas de Galicia. Os obxectivos da asemblea foron xuntar a visión xeral do programa e os avances científicos dos diferentes Paquetes de traballo (PT), visibilizar as colaboracións establecidas entre PTs e as oportunidades derivadas das mesmas, así como dinamizar a discusión colaborativa para identificar e promover novas oportunidades no Programa.

Future Oceans Lab asistiu á reunión que foi dinámica e frutífera permitíndonos recoñecer sinerxias entre outros PTs que nos permitirán mellorar e avanzar con éxito na avaliación da vulnerabilidade climática da pesca artesanal en Galicia dentro do PT10 sobre Economía Mariña. Intervención transformadora no medio costeiro de Galicia.

Desde FOL queremos agradecer a todas as institucións, coordinadores e investigadores implicados nesta gran experiencia de investigación mariña para protexer e conseguir unha xestión sostible dos servizos dos ecosistemas mariños en Galicia.

Para ver máis novas, preme aquí
CATEGORÍAS: Research