The news

Oluwakemi, estudante internacional, únese a FOL para traballar na súa tese de máster
Oluwakemi Dada, estudante do programa de máster Erasmus Mundus en Recursos do Medio Mariño (MER) únese ao equipo FOL para realizar a súa tese de máster. Oluwakemi é unha investigadora pro-activa e moi motivada con excelentes coñecementos prácticos sobre xestión, conservación e sustentabilidade dos recursos mariños.
A súa tese de máster céntrase no risco climático e, durante a súa investigación, levará a cabo unha avaliación do risco climático (CRA, polas súas siglas en inglés, climate risk assessment) nas pesqueiras galegas de pequena escala supervisada por Juan Bueno e Elena Ojea. Aplicará o marco de avaliación de riscos do IPCC para comprender mellor como afecta o cambio climático aos recursos pesqueiros e aos distintos grupos de pescadores que dependen deles.
Apaixónalle atopar solucións efectivas que permitan adaptar os ecosistemas mariños ao clima cambiante a longo plazo. Esta investigación mellorará os seus coñecementos e permitiralle aplicar a súa experiencia traballando con sistemas ecolóxicos mariños para xestionar mellor os recursos pesqueiros en Galicia, no seu país natal, Nixeria, e noutras rexións pesqueiras.
CATEGORÍAS: Elena Ojea, Juan Bueno, MSc Thesis