The news

Adaptación da pesca artesanal ao cambio climático en Shikoku (Xapón), un hotspot de cambio climático

Xochitl Elías está a realizar o traballo de campo do seu caso de estudo en Shikoku

17/02/2023 -

As costas xaponesas están a quentarse a un ritmo superior ao do 90% das costas de todo o mundo, o que as converte nun punto quente (hotspot) do cambio climático. Como consecuencia, por exemplo, os bosques de algas da costa occidental de Shikoku están a experimentar un declive xeneralizado debido á combinación do quecemento das augas e a consecuente expansión de peixes herbívoros tropicais e corais construtores de arrecifes, traídos cara ao norte pola corrente de Kuroshio, que están a substituír gradualmente ás algas.

Por este motivo, Xochitl Elías, estudante de doutoramento en Future Oceans Lab (FOL), viaxou o pasado mes de xaneiro, para iniciar o terceiro capítulo da súa tese. Durante os próximos dous meses, investigará as adaptacións dos pescadores costeiros das prefecturas de Ehime e Kochi aos cambios climáticos actuais. Neste contexto, tamén pretende comprender como os distintos ámbitos de capacidade de adaptación impulsan diferentes tipos de adaptacións.

O estudo está a levarse a cabo coa supervisión de Elena Ojea, de FOL, e Jorge García Molinos, da Universidade de Hokkaido, e en cooperación con Naoki Kumagai, do Centro para a Adaptación ao Cambio Climático do Instituto Nacional Xaponés de Estudos Ambientais. O traballo de campo non sería posible sen a axuda indispensable de dous colaboradores locais: Kameyuki Seike e Kazuki Seike.

Para ver máis novas, preme aquí
CATEGORÍAS: Research