The news

Scientists meet Artists
Campus do Mar lidera a iniciativa “Scientist Meet Artist” para establecer un diálogo entre dúas disciplinas diferentes: Ciencia e Arte. O obxectivo principal é deseñar e crear material divulgativo entretido para facer accesible o coñecemento sobre os océanos ao público xeral, especialmente aos nenos.
Tras crear un punto de encontro entre doce científicos e doce ilustradores que traballaron xuntos para deseñar doce láminas de diferentes estilos e temáticas para facer dos océanos un lugar de encontro. Un ano despois, “Scientist Meet Artists” volve e lanza unha nova iniciativa chamada “Ocean Literacy”. Esta nova edición consta de sete novas ilustracións que tratan cada un dos sete principios da alfabetización ou cultura oceánica que foron explicados por sete científicos do Centro de Investigación Mariña (CIM) da Universidade de Vigo e do Instituto Español de Oceanografía de A Coruña..
Dende Future Oceans Lab, os nosos compañeiros Diego Salgueiro-Otero e Xochitl Elías Ilosvay traballaron xunto á ilustradora Inés Vázquez para crear a lámina sobre o 6º principio: “O océano e os humanos están inextricablemente interconectados”.
Ambos investigan a adaptación ao cambio climático das pesqueiras artesanais, xa que están en primeira liña fronte ao cambio climático ao xestionar directamente os bens e servizos ambientais e os seus recursos. Con esta ilustración, tentaron facer máis visible como a dimensión humana e ambiental na pesca artesanal é indivisible, denominado polos investigadores, sistema socio-ecolóxico. A ilustración presenta a unha mariscadora galega interconectada ao ecosistema, esta conexión e harmonía ofrecen un poder transformador clave que pode ser a fonte de adaptación ao cambio climático que necesitamos.
Podes atopar máis información sobre esta iniciativa, aquí
CATEGORÍAS: Clock, Diego Salgueiro, Dissemination, Research, Xochitl Édua Elías Ilosvay