The news

A Adaptación da pesca artesanal nos hotspots de cambio climático

XOCHITL ÉDUA ELÍAS ILOSVAY liderou unha revisión sistemática da literatura como parte da súa investigación de doutoramento no marco do proxecto CLOCK

02/11/2022 -

O cambio climático antropoxénico ameaza cada vez máis a sustentabilidade mundial da pesca a pequena escala (SSF, polas súas siglas en inglés) polos seus efectos directos e indirectos nas poboacións de peces e os medios de subsistencia dependentes. Con todo, a pesar da importancia global dun sector que representa máis do 90% da pesca de captura mundial e asegura a alimentación e o emprego de aproximadamente 100 millóns de persoas en todo o mundo, moi poucos estudos resumiron como se están adaptando actualmente estas comunidades ao cambio climático e como se corresponde a distribución xeográfica destas respostas coas zonas de exposición ao cambio climático, tamén coñecidas como hotspots.

Por este motivo, , Xochitl recompilou unha base de datos mundial de 301 respostas de adaptación ao cambio climático de pescadores artesanais e analizou, xunto con Elena Ojea e Jorge García Molinos, a relación espacial das respostas dos pescadores coa localización xeográfica estimada das zonas costeiras de cambio climático para as seguintes ameazas: tendencias a longo prazo da temperatura da superficie do mar, intensidade acumulada das ondas de calor mariñas, frecuencia das tormentas tropicais e intensidade das mareas de tempestade asociadas.

Este estudo, publicado en Communications Earth and Environment, mostrou que a maioría das respostas están a rexistrarse nas rexións tropicais, mentres que os puntos quentes do cambio climático no pasado localizábanse principalmente nas rexións tépedas e no Ártico. Outro achado foi que a proporción relativa de respostas adaptativas e transformativas aumentaba coa exposición aos perigos do cambio climático, aínda que non se atoparon diferenzas claras entre elas nos niveis máis altos de exposición. As conclusións deste estudo poñen de relevo que o nivel de exposición por si só non pode explicar as respostas dos pescadores ao cambio climático e que outros factores, como o contexto socioeconómico da comunidade costeira ou os sistemas de xestión da pesca, son fundamentais para comprender mellor a capacidade dos pescadores para responder os cambios provocados polo clima.

Para ler a versión orixinal do artigo pulse aquí.

Para ver máis novas, preme aquí
CATEGORÍAS: Clock, Elena Ojea, Future Oceans Lab, PhD, Research, Results, Xochitl Édua Elías Ilosvay