The news

As redes socio-ecolóxicas son cruciais para a adaptación da pesca artesanal ao cambio climático

Diego Salgueiro Otero dirixe un estudio que aclara a senda da adaptación dos pescadores e identifica o papel das estructuras específicas de capital socio-ecolóxico no seu comportamento adaptativo

07/10/2022 -

As comunidades humanas dependentes dos recursos mariños enfréntanse en primeira liña aos impactos do cambio climático. Con todo, se sabe pouco sobre como funciona a adaptación e que camiño leva a sustentabilidade. Por iso, Diego Salgueiro Otero, Michele Barnes e Elena Ojea decidiron empregar e integrar de maneira empírica os marcos teóricos do Proceso de Adaptación, a Capacidade de Adaptación e a Configuración do Continuo de Redes para explicar mellor o funcionamento da adaptación no sistema socio-ecolóxico pesqueiro.

Para esta investigación, os científicos elixiron o sistema pesqueiro galego de pequena escala como caso de estudio, cubrindo a súa gran diversidade e realizando 404 enquisas nas que se preguntaban por aspectos socioeconómicos, datos ambientais e respostas individuais baixo hipotéticos escenarios de cambio climático.

O resultado principal deste estudio publicado na revista Scientific Reports, confirma o marco do proceso de adaptación. Esta investigación amosa que a maioría dos pescadores móvense a través das etapas: permanecer-sobrelevar-adaptarse-transformar a medida que perciben maiores impactos do cambio climático. Centrados no ámbito da capacidade adaptativa, os resultados dos modelos multinomiais de efecto mixto demostran que as redes socio-ecolóxicas desempeñan un papel clave que impulsa as personas hacia un comportamento adaptativo (cando a confianza é entre iguais), transformador (cuando a confianza é entre personas de diferente rango laboral) e de status quo (cuando a comunicación é con líderes informais) en condicións de cambio climático.

Estes resultados teñen implicacións para a pesca a pequena escala e para a teoría da adaptación dunha maneira transversal. Polo tanto, unha maior comprensión do papel das estructuras das redes socio-ecolóxicas nas respostas adaptativas pode axudar a mellorar as estratexias frente ao cambio nas comunidades pesqueiras e outros sistemas socio-ecolóxicos.

Para ler a versión orixinal do artígo, pulse aquí.

 

Para ver máis novas, preme aquí
CATEGORÍAS: Clock, Diego Salgueiro, Elena Ojea, Future Oceans Lab, Research, Results