The news

A voz do sector pesqueiro ante os impactos do cambio climático

Os investigadores do Future Oceans Lab recollen a opinión do sector da pesca artesanal galega sobre a adaptación a cambio climático

23/09/2022 -

Os investigadores do Future Oceans Lab levaron a cabo obradoiros participativos nas confrarías de pescadores galegas durante a pasada primavera como unha actividade final do proxecto CLOCK (CLimate adaptation to shifting stOCKs) . Os principais obxectivos destes talleres foron: 1) comunicar os resultados do proxecto ao sector pesqueiro, 2) escoitar a opinión dos pescadores e a súa perspectiva persoal sobre as posibilidades e necesidades de adaptación ao cambio climático, e 3) co-crear políticas e prácticas cos pescadores para conservar, adaptar e transformar o sector da pesca artesanal baixo os impactos do cambio climático.

Como un dos resultados destes talleres, os pescadores, mariscadores e as asistencias técnicas expresaron a súa opinión sobre os desafíos dos impactos do cambio climático que están a percibir e proporcionaron suxerencias que facilitarían a adaptación dosector pesqueiro. El Future Oceans Lab escoita as palabras do sector pesqueiro galego de pequena escala, as recolle e agora publica a súa  visión en formato de vídeo. Esta é a voz do sector pesqueiro galego de pequena escala.

Noso recoñecemento a todos os participantes dos talleres, aos que participan no vídeo e aos que facilitan todo o proceso. ¡Moitas grazas!

Para ver máis novas, preme aquí
CATEGORÍAS: Clock, Diego Salgueiro, Dissemination, Future Oceans Lab, Materials, Outreach, Research, Results, Workshop