The news

Future Oceans Lab presenta os resultados da investigación as comunidades pesqueiras de México

A estudante de doutoramento Xochitl Elías presentou os resultados do proxecto en seis comunidades de Nayarit, México

04/08/2022 -

Xochitl regresou as comunidades pesqueiras onde realizou a súa investigación entre agosto e novembro de 2021 para presentar os resultados e realizar obradoiros cos pescadores e científicos locais en jullo de 2022.

A investigación levouse a cabo no marco do proxecto CLimate adaptation to shifting stOCKS (CLOCK) en cooperación con Javier Tovar-Ávila do instituto nacional de pesca (INAPESCA de Bahía Banderas) e Eréndira Aceves Bueno da Universidade de Washington. Xochitl dirixiu os obradoiros realizados nas comunidades pesqueiras de San Blas e La Cruz de Huanacaxtle, Nayarit, nos que non so presentou os resultados obtidos, senon que tamén deu espacio as pesqueiras artesanais para que aportaran a súa opinión e coproduxeran posibles prácticas e políticas que lles axude a afrontar os retos derivados dos impactos do cambio climático.

Como resultado, os participantes no proxecto están elaborando un informe e un breve vídeo cos resultados da enquisa de 2021 e dos obradoiros que se entregarán as comunidades pesqueiras mexicanas, aos investigadores e as institucións adicados a xestión da pesca, co fin de fomentar a cooperación entre os distintos actores do sector pesqueiro da rexión. Os pescadores de pequena escala encóntranse entre os máis vulnerables ao cambio climático, e es imperativo coproducir estratexias de adaptación sostibles para garantir os seus medios de vida e a súa seguridade alimentaria nun futuro incerto impulsado polol cambio climático.

Para ver máis novas, preme aquí
CATEGORÍAS: Clock, Dissemination, Outreach, Research, Workshop, Xochitl Édua Elías Ilosvay