The news

FOL participou na Cuarta Conferencia ICES PICES para novos Científicos
A cuarta conferencia ICES PICES ECS celebrouse do 18 al 21 de jullo de 2022 en St. John’s, Canadá, e tiña como obxectivo mellorar a participación dos científicos novos nas investigacións internacionais, a xestión e a administración do medio ambiente mariño, no Consello Internacional para a Exploración do Mar (ICES) e a Organización de Ciencias Mariñas do Pacífico Norte (PICES).
A estudante de doutoramento de FOL, Xochitl Elías, fixo unha presentación oral na que mostrou os resultados de súa revisión bibliográfica na que sinalou as principais lagoas de investigación na literatura actual sobre a adaptación ao cambio climático da pesca a pequena escala. Tamén apoiou o póster de Francesca Barazzetta quen presentaba os resultados finais da avaliación da vulnerabilidade ao cambio climático de sete áreas mariñas protexidas no Mar Mediterráneo no marco do proxecto MPA-Engage.
A conferencia foi unha gran oportunidade para coñecer a novos inspiradores científicos mariños de diferentes continentes e potenciar o seu papel no densenvolvemento das “Ciencias oceánicas para o futuro que queremos” baixo o paraugas do Decenio das Nacións Unidas das Ciencias Oceánicas para o Desenvolvemento Sostible 2021-2030.
CATEGORÍAS: Clock, Conferences, Francesca Barazzetta, MPA-Engage, Outreach, Research, Xochitl Édua Elías Ilosvay