The news

Future Oceans Lab leva os resultados da investigación sobre a adaptación da pesca as confrarías galegas
Nos últimos meses, o Future Oceans Lab acercouse ata oito confrarías de pescadores do territorio galego e a Federación de Confrarías de Pescadores de Galicia en Ames para presentar os resultados do caso de estudo galego do proxecto CLimate adaptation to shifting stOCKS (CLOCK) na fase final do proxecto que remata en setembro.
Diego Salgueiro Otero e Francesca Barazzetta dirixiron os talleres nas confrarías de pescadores, onde os pescadores e mariscadores recibiron os resultados sobre vulnerabilidade, adaptación e transformación do sector fronte o cambio climático desenvolvidos en FOL. Chegamos a 8 comunidades e elaboramos unha guía informativa na que participaron ao redor de 80 pescadores. O sector pesqueiro tivo a oportunidade de dar a súa opinión sobre a investigación. Durante os talleres, os pescadores tamén comentaron posibles políticas e prácticas que poden permitir aspectos clave para conservar, adaptar e transformar o sector pesqueiro baixo os impactos do cambio climático. Ademais, se debatiron os puntos de converxencia entre os intereses dos pescadores e os investigadores. Ao final dos talleres, o sector pesqueiro expresou os seus retos e necesidades sobre a adaptación ó cambio climático.
Os resultados do proxecto e dos diferentes talleres foron presentados por Elena Ojea e Diego Salgueiro Otero na Federación Gallega de Confrarías de Pescadores. Nesta sesión final, invitouse a todo o sector pesqueiro artesanal de Galicia, así como a Xunta de Galicia. Con este evento final, Future Oceans Lab puido tender unha ponte entre o nexo político-sector-ciencia para 1) comunicar os resultados científicos, 2) escoitar e dar voz as comunidades pesqueiras e 3) suxerir posibles políticas e prácticas de adaptación ao cambio climático.
Todos os eventos foron avaliados positivamente polos participantes, que declararon sentir interés e atopar implicacións prácticas relevantes da investigación. As acción de co-creación para a política de adaptación e transformación inclúen facilitar o acceso e a participación en actividades de formación e educación, mellorar a comunicación nos sectores e mellorar o capital social nas confrarías de pescadores.
Agradecemos a todos os participantes dos talleres e da sesión na Federación pola súa axuda e traballar xuntos neste desafío. Tamén agradecemos as persoas que fixeron posible cada paso deste proxecto e facilitaron a súa posta en marcha no territorio galego.
CATEGORÍAS: Clock, Collaborations, Diego Salgueiro, Dissemination, Elena Ojea, Francesca Barazzetta, Future Oceans Lab, Media, Research, Results, Workshop