The news

As áreas mariñas protexidas xuntas para O futuro do Mediterráneo
Do 14 ao 17 de xuño, un centenar de científicos e xestores de 13 Áreas Mariñas Protexidas (AMP) e 18 países europeos reuniranse en España para compartir os resultados dos dous proxectos europeos Interreg Med: MPA NETWORKS e MPA Engage.
O obxectivo deste evento final é debatir os principais resultados e recomendacións destes dous proxectos europeos centrados en cuestións clave para as Áreas Mariñas Protexidas (AMP): eficacia da xestión, xestión da pesca a pequena escala, conservación das especies móbiles, financiación sostible e adaptación ao cambio climático. Os participantes contribuirán a extender as solucións identificadas nos proxectos e a darlle voz as recomendacións clave para os responsables da toma de decisións en beneficio de tódala comunidade de AMP do Mediterráneo.
Ambos proxectos centráronse prioritariamente nas Áreas Mariñas Protexidas do Mediterráneo e se inspiran en o concepto de rede como elemento clave para mellorar a xestión das propias AMP, catalizar e ampliar os esforzos de conservación mariña. O intercambio de experiencias, o reforzo das competencias e a capitalización dos coñecementos son os principais obxectivos deste encontro internacional.
As sinerxias entre os proxectos MPA Networks e MPA Engage, ambos financiados polo Programa Interreg MED, se traducen polo tanto na capitalización dos resultados en todo o área mediterránea, con xestores de Áreas Mariñas Protexidas, científicos, autoridades públicas e partes interesadas que se reunirán para presentar os resultados obtidos, compartindo experiencias con vistas a reforzar o papel das AMPs para facer fronte a perda de biodiversidade e a crisis climática. Unha oportunidade sen precedentes para o diálogo e o enriquecemento mutuo do coñecemento, que conducirá a identificación de recomendacións políticas prioritarias, solucións e boas prácticas que se debatirán a diferentes escalas técnicas e políticas, desde a local, a nacional, mediterránea e europea, fortalecendo e, esperamos, ampliando a rede de AMPs mediterráneas e a resiliencia dos ecosistemas mariños e costeiros.
A reunión terá lugar alternando sesións técnicas e políticas nun formato híbrido, online e presencial en tres lugares: Palma de Mallorca, Barcelona e Roses. Durante o evento presentaranse diferentes ferramentas para o seguimento e a xestión dos problemas ambientais actuais, como a invasión de especies exóticas, a crecente incidencia de fenómenos de mortalidade masiva, a xestión da pesca artesanal, a conservación de especies móbiles como as tortarugas mariñas e os golfiños. A reunión tendrá en conta os mecanismos de financiación e debatirá a vulnerabilidade ecolóxica e socioeconómica destas zonas.
Esta serie de eventos é moi oportuna, xa que ten lugar xusto antes da conferencia da Unión polo Mediterráneo (UpM) sobre Finanzas Azuis e da Conferencia da ONU sobre os Océanos.
Declaracións
“Xuntos somos máis fortes. A movilización de todos os actores relevantes é necesaria para afrontar os retos das áreas mariñas protexidas no Mediterráneo. Os proxectos MPA NETWORKS e MPA Engage foron clave para capitalizar e iniciar novas accións nesta dirección. Os eventos conxjuntos de Palma e Barcelona serán importantes para compartir solucións e identificar prioridades e camiños a seguir.”
~ Marie Romani, coordinadora do proxecto de Redes AMP e secretaria executiva de MedPAN
“Podemos considerar as Áreas Mariñas Protexidas como lugares privilexiados para vixiar o estado do medio ambiente mariño e apoiar os esforzos globais hacia a conservación da biodiversidade. As Áreas Mariñas Protexidas son tamén sitios ideais para promover unha necesaria transición económica, social e cultural que nos conduza hacia un futuro mellor e unha relación máis sana e sostible co medio marino. “
~ Ernesto Azzurro, investigador principal do IRBIM-CNR de Ancona e responsable científico do proxecto MPA Engage da Stazione Zoologica Anthon Dohrn de Nápoles.
“O Mediterráneo, ademáis de ser un punto quente de biodiversidade, é una das rexións máis afectadas polo cambio climático. De feito, o mar Mediterráneo estase quentando tres veces máis rápido que a media dos océanos. Na loita contra a crisis climática, as Áreas Mariñas Protexidas poden desempeñar un papel esencial. Sen embargo, estas áreas necesitan urxentemente integrar a dimensión do cambio climático nos seus plans de xestión. O proxecto MPA Engage centrouse en proporcionar aos xestores ferramentas eficaces para situar a rede de Áreas Mariñas Protexidas na vanguardia da estratexia de adaptación e mitigación do cambio climático.”
~ Joaquim Garrabou, coordinador do proxecto MPA Engage e investigador do Institut de Ciències do Mar do CSIC.
“As Áreas Mariñas Protexidas do Mediterráneo son moi vulnerables ao cambio climático. Pero identificamos as súas principais vulnerabilidades para que a xestión poida adaptarse e as AMP poidan estar a vanguardia da adaptación. “
“Este proxecto permitiunos probar unha nova metodoloxía para entender a vulnerabilidade das Áreas Mariñas Protexidas ao cambio climático no Mediterráneo. Os xestores poden empregar esta ferramienta para identificar as especies e os usos máis vulnerables das áreas protexidas e deseñar plans de adaptación en consecuencia”
~ Elena Ojea, investigadora principal do Future Oceans Lab, CIM-Universidade de Vigo (España).
Máis información
Consulta o programa do evento final en https://marilles.org/storage/media/2022/06/1316/mpa-networks-mpa- engage-final-programmdocx.pdf
Acerca do proxecto MPA NETWORKS MPA NETWORKS promove a dinámica de cooperación entre os xestores de AMPs a tódolos niveis no Mediterráneo. O proxecto MPA NETWORKS centrouse en aportar solucións sostibles a retos que requiren un enfoque que vai máis aló dos límites das AMP. Estes retos inclúen a cuestión global da eficacia da xestión, e máis concretamente a xestión da pesca a pequena escala nas AMP, a conservación das especies móbiles e o desenvolvemento de mecanismos de financiación sostibles para as AMP. O proxecto tamén contribuiu a reforzar as redes de xestores de AMP a nivel nacional, subrexional e mediterráneo e a garantir o desenvolvemento de capacidades e a ampliación das boas solucións e recomendacións políticas. Máis información sobre o proxecto MPANETWORKS – https://mpa-networks.interreg-med.eu
Acerca do proxecto MPA Engage MPA Engage, dirixido polo Instituto de Ciencias Mariñas do Consello Superior de Investigacións Científicas, está financiado polo programa Interreg MED cun presuposto duns 3 millóns de euros. MPA Engage ten como obxectivo principal apoiar as AMP do Mediterráneo para que se adapten e mitiguen os efectos do actual cambio climático no mar Mediterráneo. Utilizando un enfoque participativo, MPA Engage armonizou o seguimento dos impactos do cambio climático, preparou evaluacións de vulnerabilidade e desenvolveu plans de acción de adaptación ao cambio climático en oito áreas mariñas protexidas situadas en seis países mediterráneos. Máis información sobre o proxecto MPAENGAGE – https://mpa-engage.interreg-med.eu
CATEGORÍAS: Research