The news

Noraboa Alba Aguión
A nosa compañeira Alba Aguión defendeu a súa tese doutoral que foi dirixida por Elena Ojea e Gonzalo Macho, e desenvolvida no marco do programa de doutoramento Internacional de Ciencias do Mar, Tecnoloxía e Xestión (DoMar) da Universidade de Vigo satisfactoriamente. O 5 de maio nun acto presencial, Alba defendeu o seu traballo sobre gobernanza, xestión e ecoloxía de las pesqueiras bentónicas de pequena escala ante o seu comité avaliador: Dr. Xavier Basurto (Universidade de Duke, USA), Dr. Nicolás Gutiérrez (FAO) e Dr. Cristina Pita (Instituto Internacional para o Desenvolvemento Medioambiental, UK). A presentación seguiulle un turno de preguntas e unha discusión profunda e perspicaz. Dende FOL, queremos agradecer aos tres membros do tribunal avaliador polo seu tempo e a súa visita en Vigo, e por tódolos comentarios durante a defensa, serán de gran axuda para o futuro profesional de Alba!
Alba tamén quere agradecer ao equipo de CLOCK e Future Oceans Lab, ao proxecto PERCEBES, e ao grupo emLaB – que xogou un papel fundamental no seu doutoramento.
Dende FOL, desexámoslle a Alba tódolo mellor e boa sorte nos seguintes pasos da súa carreira!
CATEGORÍAS: Alba Aguión, Clock, Elena Ojea, Percebes, PhD, Research