The news

Future Oceans Lab participa no evento do proxecto Bitacoras
Bitácoras pretende amosar os logros dos proxectos financiados durante os últimos anos dos Grupos de Acción Local do sector Pesqueiro (GALP) para o desenvolvemento sostible da costa de forma local e dende un enfoque participativo.
Future Oceans Lab foi invitado a participar nunha mesa redonda do taller GALP Seo de Fisterra Ría de Muros-Noia, Costa Sostible. O evento tivo lugar a semana pasada no Hotel Meiga do Mar, en Carnota. O obxectivo do taller foi avaliar os últimos anos de traballo do GALPS en Seo e Fisterra – Ría de Muros Noia. Para contribuir ao traballo desenvolvido e enriquecer as posibles traxectorias de Seo de Fisterra – Ría de Muros-Noia, integráronse outras experiencias como o desenvolvemento sostible de Allariz ou o coñecemento científico sobre a adaptación do sector pesqueiro.
Durante a maña, Diego Salgueiro-Otero trasladou a Bitácoras o traballo levado a cabo no Future Oceans Lab. En concreto, transmitiu a gran importancia de considerar a adaptación ao cambio climático no deseño das próximas políticas de apoio a sostilidade costeira. Mostrou algúns exemplos de estratexias, facilitadoras e limitadores da adaptación e suxerencias de políticas. Durante a tarde, os organizadores, participantes e asistentes visitaron tres proxectos que foron financiados dende o GALP e que dinamizan a cultura mariña Costa Sostible, o Hotel Meiga do Mar, o Faro Lariño, Mar da’morosa e o Polbo de Lonxa.
Grazas ao GALP polo seu fantástico traballo, a Cidadanía por facilitar este proxecto e a tódolos participantes por crear unha atmósfera enriquecedora para o intercambio de experiencias.
CATEGORÍAS: Collaborations, Diego Salgueiro, Dissemination, Future Oceans Lab, Workshop