The news

Frida ven a FOL para realizar as súas prácticas profesionales do IMBRSea

Traballará con Xochitl Elías e Juan Bueno na adaptación da pesca a pequena escala ao cambio climático

20/04/2022 -

Frida Sánchez únese a nos dende a Universidade Politécnica delle Marche (Italia)  para realizar as súas prácticas profesionais como parte dos seus estudios de máster dentro do programa do Máster Internacional en Recursos Biolóxicos Mariños (IMBRSea). Durante a súa licenciatura en México, estudou o comportamento coralívoro da estrella de mar corona de espinas e os seus efectos de depredación nas comunidades de corais do Golfo de California. Como buceadora científica participou xunto con grupos de investigación mutidisciplinais no monitoreo da biodiversidade de peces e invertebrados para rexistrar os cambios nos ecosistemas no tempo.

Durante o próximo mes, Frida colaborará con Xochitl Elías Ilosvay e o equipo de Future Oceans Lab no proxecto CLOCK sobre a adaptación da pesca de pequena escala ao cambio climático. O obxectivo da estadía é estudar os cambios na temperatura media de captura (MTC, polas súas siglas en inglés) para avaliar o efecto do quentamento da agua de mar nos ecosistemas mariños de Nayarit (México) que foi identificado como unha zona vulnerable aos efectos do cambio climático. A súa investigación axudará a entender a adaptación dos sistemas socio-ecolóxicos para mante a sostibilidade dos recursos e as comunidades dependentes a longo prazo.

Benvenida Frida!

Para ver máis novas, preme aquí
CATEGORÍAS: Clock, MSc Thesis, Training, Xochitl Édua Elías Ilosvay