The news

Como a pesca pode contribuir a un futuro máis sostible
A nosa investigadora, Francesca Barazzetta, e a estudante de doutoramento, Xochitl Édua Elias Ilosvay, viaxaron a Bergen o pasado mes de marzo para participar na primeira reunión do proxecto Future Fisheries, de catro anos de duración, dirixido polo Grupo de Ecoloxía Teórica da Universidade de Bergen. O proxecto, financiado polo Consello de Investigación de Noruega, é un proxecto de colaboración para facer fronte aos retos sociais e industriais dentro da área temática dos sistemas alimentarios sostibles.
O obxectivo do proxecto é desafiar e repensar o papel da pesca na producción sostible de alimentos baixo o marco da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible da ONU, o Acordo de París sobre o Cambio Climático e o Convenio sobre a Diversidade Biolóxica. Dirixido por un equipo altamente interdisciplinar, o proxecto ten como obxectivo identificar como os alimentos mariños poden contribuir a producir máis alimentos con baixo impacto climático. FOL contribuirá ao paquete de traballo 2 e axudará a analizar como os valores e os mecanismos psicolóxicos poden mellorar a transición ascendente (bottom-up) e basada en feitos hacia a sostibilidade.
Durante a reunión, o noso equipo alegrouse de ter un breve reencontro co noso antiguo compañeiro Alex Tidd e espera fortalecer e fomentar os vellos e novos vínculos establecidos.
CATEGORÍAS: Elena Ojea, Francesca Barazzetta, Future Oceans Lab, How can fisheries contribute more to a sustainable future?, Xochitl Édua Elías Ilosvay