The news

PERCEBES: Reproducción e dinámicas de conectividade na Peninsula Iberica
O percebe é un dos recursos artesanais máis importantes das costas rocosas de España e Portugal. Sen embargo, moitos procesos biolóxicos seguen sendo descoñecidos, así como os vínculos destes procesos coas variables ambientais. Baixo o paraugas do proxecto PERCEBES, os investigadores Salvador Román (Universidade de Vigo) e Marina Parrondo (Universidad de Oviedo, actualmente na Universidade de Vigo) dirixiron dous publicacións que proporcionan información importante sobre 1) a relación entre a reproducción do percebe e as variables ambientais e 2) a estructura xenética das especies na Península Ibérica (España e Portugal).
O estudio de S. Román et al. levouse a cabo en Galicia (NO de España), onde se encontrou que a actividade reproductiva dos percebes aumenta coa disminución da latitude. Esta investigación tamén evaluou a variabilidade espacial a nivel de mesoescala da reproducción do percebe en relación a variabilidade espaciotemporal da temperatura superfical do mar (SST, polas súas siglas en inglés) influenciada polo proceso de afloramento.
A través do uso de novos marcadores moleculares, ol estudio de M. Parrondo et al. explorou a dinámica das poblacións locais dp percebe na costa ibérica para comprender mellor como están interconectadas. Este estudio revelou unha alta diversidade xenética da especie na Península Ibérica, superior a reportada previamente para outras especies de percebes do mesmo xénero.
Dende FOL, queremos felicitar a S. Román e M. Parrondo polas súas publicacións así como ao resto dos coautores, entre eles, a nosa compañeira Alba Aguión.
.
CATEGORÍAS: Alba Aguión, Research