The news

Como avaliar a vulnerabilidade ao cambio climático nas AMP do Mediterráneo?
A semana pasada, durante o 24 e o 25 de marzo, Francesca Barazzetta e Juan Bueno organizaron un seminario web para refrescar os coñecementos aprendidos durante a primeira serie de seminarios do proxecto MPA-Engage. As dúas sesións centráronse no desenvolvemento e implementación do Análise de Vulnerabilidade Socio-Ecolóxico nas Áreas Mariñas Protexidas (AMPs) do Mediterráneo. Estas dúas sesións correspóndense coa primeira parte dos seminarios web titulada “Avaliando a vulnerabilidade ao cambio climático nas AMP do Mediterráneo” a que seguirá unha segunda centrada nas actividades de monitoreo levadas a cabo no proxecto. O curso ten como obxectivo mostrar como reunir a información necesaria para desenvolver e implementar plans de adaptación e mitigación fronte ao cambio climático.
Os seminarios web realizáronse en directo en Youtube, onde unha media de 50 persoas de 18 países diferentes asistiron a eles. Os seminarios proporcionaron información sobre a metodoloxía aplicada na avaliación da vulnerabilidade, e a selección de indicadores, sus medidas e combinacións para calcular o índice final de vulnerabilidade. Finalmente, presentouse aos asistentes a ferramenta web para a avaliación de vulnerabilidade que estase a diseñar no proxecto.
Para máis información sobre os seminarios web do estudio de vulnerabilidade, podes encontrar as grabacións aquí (24– 25 de Marzo, en inglés).
Despois destes seminarios, en abril, realizaremos un taller práctico sobre o estudio da vulnerabilidade en Croacia. Estamos desexando vervos a todos alí.
CATEGORÍAS: Conferences, Francesca Barazzetta, Future Oceans Lab, Juan Bueno, MPA-Engage, Seminars, Vulnerability Tool, Workshop