The news

Diego Salgueiro-Otero, novo Doctor en Adaptación ao Cambio Climático
Diego Salgueiro Otero, estudante predoutoral de FOL defendeu de maneira satisfactoria a súa investigación doutoral o 23 de febreiro de 2022. A súa tese doutoral estivo supervisada por Dr. Elena Ojea, e foi defendida de maneira virtual ante o tribunal constituido por Dr. Sara Miñarro Villanueva do Instituto de Ciencias e Tecnoloxía Ambientais (ICTA-Universidad Autonoma de Barcelona), Dr. Andrés Cisneros-Montemayor da Escola de Xestión de Recursos e Medioambiental (Universidade Simon Fraser) Dr. Andrés Marín Ricke do Centro de Estudios do Desarrollo Rexional e Políticas Públicas (Universidade dos Lagos).
A tese doutoral titulada “Adaptación da Pesca de Pequena Escala ao Cambio Climático” aspira a mellorar o coñecemento da adaptación ao cambio climático nos sistemas socio-ecolóxicos pesqueiros. Para conseguilo, o traballo comeza desenvolvendo un marco teórico que explica os mecanismos, niveis, factores, e as consecuencias potenciais do proceso de adaptación dos sistemas socio-ecolóxicos pesqueiros dende unha perspectiva de resiliencia. Posteriormente, a investigación analiza con máis detalle o que coñecemos e o que non sabemos, e precisamos saber sobre a adaptación da pesca artesanal dunha maneira transdisciplinar. Despois, esta investigación avalía empíricamente o marco teórico e as novas teorías propostas, para finalmente, integrar e enumerar os resultados obtidos coma recomendaciós para os lexisladores, profesionais, e investigadores que permita contribuir a sostibilidade das pesqueiras dunha maneira xusta e equitativa.
Durante os próximos meses os resultados serán presentados nas confrarías de Galicia que participaron no estudio, así como na Federación das Confrarías de Pescadores de Galicia que colaborou no desenvolvemento desta investigación.
Noraboa polo teu gran traballo, Diego!
CATEGORÍAS: Clock, Diego Salgueiro, Elena Ojea, Future Oceans Lab, PhD, Research, Results, Workshop