The news

Noraboa Dr. Iratxe Rubio
A estudante predoutoral de FOL, Iratxe Rubio defendeu a súa tese doutoral o pasado venres 24 de septembro. A defensa realizouse de maneira virtual cos membros do tribunal: Dra. Amaia Albizua da Universidad del País Vasco, Dra. Arantza Murillas de AZTI e Dr. Chris Free da Universidad de California. A tese foi supervisada pola Dra. Elena Ojea e se titula “Interdisciplinary insights into industrial fisheries’ adaptation to climate change” (Perspectivas interdisciplinares sobre a adaptación da pesca industrial ao cambio climático). O seu obxectivo é investigar se as pesqueiras de gran escala xa están respondendo aos impactos do cambio climático e explorar as súas respostas de adaptación para propoñer medidas de adaptación ben fundamentadas.
Agora, Iratxe emprende unha nova etapa, cofundou a empresa Maireira Bizi, nada en 2021 para apoiar as confradías de pescadores, as empresas e a administración no seu camiño a unha pesca sostible. Ademais, Mareira Bizi ofrece servizos aos grupos de investigación para desenvolver investigacións, transferir resultados ao sector privado e difundir os achados científicos relacionados co sector mariño.
Iratxe obtuvo a máxima puntuación e a distinción CUM LAUDE, ¡noraboa Dr. Rubio!
A tese está dispoñible públicamente aquí
CATEGORÍAS: Clock, Elena Ojea, Future Oceans Lab, Iratxe Rubio, PhD, Research