The news

Participando no World Fisheries Congress 2021
O Congreso Mundial de Pesca celébrase esta semana en Adelaida, Australia. O evento comezou o luns 20 de setembro e durará ata o venres 24, a conferencia desenvolverase integramente de maneira virtual por mor dos impactos do covid-19.
Alba Aguión, estudante de doutoramento no Future Oceans Lab, participou no congreso cunha presentación oral sobre o seu modelo bioeconómico para a pesqueira do percebe. Este traballo foi levado a cabo durante as súas estadías de investigación na Universidade de California, Santa Bárbara, en colaboración co profesor Christopher Costello. A pesqueira do percebe é unha das pesqueiras artesanais máis importantes en España e Portugal, e a implantación de ferramentas de xestión que promovan de maneira efectiva a súa sostibilidade é vital para os miles de medios de vida que sustentan. No seu traballo, Alba demostra a importancia das ferramentas espaciais como os peches periódicos (tamén denominados xestión rotacional) para promover un uso eficiente dos recursos de baixa movilidade ou sésiles como os percebes.
Foi o un placer participar no congreso, e esperamos poder asistir en persoa a próxima vez!
CATEGORÍAS: Alba Aguión, Percebes, Results