The news

Ciencia no escenario de Coruña

ALBA PARTICIPOU NUN EVENTO DE DIVULGACIÓN POPULAR ONDE ESTUDANTES E PROFESORES COMPARTEN OS SEUS EXPERIMENTOS CIENTÍFICOS CO PÚBLICO EN XERAL

13/05/2021 -

Todos os anos a principios de maio centos de estudantes e profesores reúnense na cidade de Coruña (NO España) para compartir experimentos científicos co público en xeral. O festival chámase «Día da ciencia na rúa» e durante os últimos 24 anos organizouse nun dos parques da cidade (Parque de Santa Margarita), onde os estudantes realizan os experimentos ao aire libre para divertir e ensinar a grandes multitudes. Non obstante, tendo en conta a actual crise sanitaria, o festival desenvolveuse un pouco diferente este ano: no escenario dun teatro.

O sábado 8 de maio, diferentes colexios de primaria e secundaria (e tamén algúns profesores de infantil) da Coruña reuníronse no teatro Colón para celebrar unha versión diferente do famoso evento ao aire libre. Cada escola tiña 15 minutos para presentar os seus experimentos científicos, dunha gran variedade de temas: desde danzas con luces led, reaccións químicas coloridas ata robots. A doutoranda de FOL, Alba Aguión , foi a encargada de presentar o evento xunto a David Ballesteros . Este ano o evento foi especialmente emotivo, xa que se fixo unha homenaxe a Javier Novelle, un querido profesor e principal creador do evento que morreu o ano pasado. Dende aquí agradecemos aos museos científicos coruñeses, a EMALCSA e ao Teatro Colón a súa invitación a participar no evento. Os estudantes e os profesores fixeron un gran traballo e estamos ansiosos por ver os seus experimentos o ano que vén (espero que ao aire libre!)

 

Para ver máis novas, preme aquí
CATEGORÍAS: Alba Aguión, Dissemination, Research