The news

FOL participa nun novo evento FutureMARES

O PANEL CIENTÍFICO ANALIZOU AS PECULIARIDADES E OS ASPECTOS COMÚNS DOS 40 CASOS DE ESTUDO QUE PARTICIPAN NO PROXECTO

30/04/2021 -

Dende o día 13 ao 15 de abril,os membros de FOL Elena Ojea e Juan Bueno, participaron na primeira “reunión Integración” do proxecto europeo FutureMARES. O obxectivo deste evento era coñecer en detalle cada caso de estudo do proxecto (coñecido como “storylines”), analizando as súas peculiaridades e extraendo características comúns entre eles. Cada storyline aplica unha destas solucións baseadas na natureza aos sistemas socio-ecolóxicos específicos: conservación, restauración e pesca sostible.

Elena Ojea e Juan Bueno lideran o paquete de traballo 5 de FutureMARES, que trata de comprender a vulnerabilidade ao cambio climático de cada storyline e como as solucións baseadas na natureza poden reducir esta vulnerabilidade.O paquete de traballo 5 divídese en tres tarefas principais: a tarefa 5.1 estudando a vulnerabilidade do ecosistema de cada storylines, a tarefa 5.2 analizando como a vulnerabilidade do ecosistema supón un risco para a subministración de diferentes servizos ecosistémicos e a tarefa 5.3 onde se estima a vulnerabilidade dos actores sociais de cada storyline. Durante o evento, cada storyline proporcionou un resumo das actividades e resultados esperados desde a perspectiva de cada tarefa. Durante o evento tamén se falaron das mellores estratexias de participación para cada storyline.

Despois da reunión, agora é tempo de centrarnos na construción da “cadea de impacto” de cada storyline. Este exercicio consiste na identificación dos diferentes impactos climáticos e as súas consecuencias (directas e indirectas) no contexto das storylines. Enumerar os moitos riscos que supón o cambio climático permite comprender cales son os que proveñen de sinais climáticos únicos ou múltiples. Ao facelo, os líderes da storyline poderán identificar os principais factores e receptores dos riscos provocados polo clima, así como as características do sistema socio-ecolóxico que impulsan a súa sensibilidade e capacidade de adaptación.

Para ver máis novas, preme aquí
CATEGORÍAS: Research