The news

É hora de despedirnos da nosa compañeira Raquel

RAQUEL COMEZA UN DOUTORADO NO MARINE INSTITUTE DE CANADÁ

29/01/2021 -

Despois de ano e medio traballando no Future oceans Lab , chegou o momento de despedirse de Raquel. Durante este tempo, participou activamente en varios proxectos, traballando no informe IPCC AR6 , na iniciativa global sobre a adaptación ao cambio climático ( proxecto GAMI ) e noutros proxectos como MPA-Engage .

Raquel adquiriu novas habilidades que lle permitiron obter unha bolsa para realizar o doutoramento no Marine Institute da Memorial University de Terranova , Canadá. Alí traballará no futuro impacto da pesca e do cambio climático no ecosistema do Gran Banco.

De seguro botarémola de menos pero sabemos que nos cruzaremos máis cedo que tarde. Desexámosche o mellor na túa nova aventura, Raquel.

Para ver máis novas, preme aquí
CATEGORÍAS: Future Oceans Lab, Research, Team